• Número 378
  • 22 de xaneiro de 2018

CUT - Alternativas na Xustiza

O conselleiro de xustiza Alfonso Rueda volve a mentir e a enganar a cidadanía galega

O conselleiro Alfonso Rueda, un mentiroso compulsivo

Tras as afirmacións do Vicepresidente da Xunta de Galicia e máximo responsable da Xustiza, Alfonso Rueda, sobre o conflito na Xustiza Galega, onde afirmaba que existían "avances" na negociación entre o Comité de folga (SPJ-USO, AXG-CUT, UGT, CSIF, STAJ, CIG, CCOO) e a Dirección Xeral de Xustiza, e aseguraba que o martes produciríase unha nova reunión onde a Consellería melloraría "substancialmente" a súa oferta, o único que hai son mentiras ás que agora ternos que engadirlle o desprezo ao Comité de Folga e ao Consello de Relacións Laborais.

As boas sensacións da reunión do pasado día nove disipáronse, e voltan polo camiño da non negociación e da irresponsabilidade. Para hoxe, martes 16 de xaneiro, estaba prevista a 6 reunión entre o Comité de Folga e a Xunta de Galicia coa mediación da Presidenta de Consello de Relacións Laborais, que xa fora adiada o xoves pasado. A reunión, SEN PREVIO AVISO E SEN NINGUNHA EXPLICACIÓN por parte da Xunta de Galicia, non tivo lugar. Agora mesmo non solo non sabemos cando haberá unha nova reunión, se non que nin tan sequera ternos claro si a haberá antes da folga do dia 25.

Ás faltas de respecto aos traballadores e a cidadanía a que se lle minte, ternos que engadir que o distanciamento entre as posturas é moi importante, sobre todo porque se ben é certo que nalgún punto houbo avances, aínda que insuficientes, noutros, especialmente os que se refiren a discriminación dos traballadores da Xustiza Galega con respecto ao resto do Estado, non existe avance.

A maiores ternos que recordarlle ao Vicepresidente que dende o ano 201O somos os traballadores que menos cobramos mensualmente de todas as CC.AA coas competencias transferidas (Andalucía, Navarra , Euskadi, Madrid, Asturias, Cantabria, Canarias, Aragón , Valencia, Cataluña).

Con respecto a discriminación sanitaria a Xunta  segue sen aceptar regular as incapacidades laborais igual que os traballadores da Xustiza do propio Ministerio de Xustiza, Canarias, Madrid, Navarra, Aragón ...., Maxistrados, Fiscais e Letrados Xudiciais.

No punto da consolidación de emprego  houbo algún acercamento. A Xunta presentou a relación de prazas de reforzo que levan 3 ou mais anos sen cubrirse con persoal titular xunta dun plan para a consolidación de 36 prazas. Neste punto estamos pendentes de aclarar algunhas diferenzas nas datas de creación dalgunha praza e negociar cales serían as 36 prazas a consolidar.

No plan de amortización de 106 prazas que a Xunta aprobou no ano 2013 a Xunta aceptou paralizalo e recuperar as prazas que se amortizaron dende o ano 2013 , salvo algunha excepción. Pendentes dalgunha aclaración, e sobre todo dos prazos para recuperar estas prazas neste punto o acordo está máis preto.

No único punto que existe un acorde absoluto entre a Administración e o Comité de folga é para lograr que os traballadores que fagan o seu traballo neutro posto de superior categoría cobren o 100% das retribucións do posto no que desempeña as súas funcións.

Ante as faltas de respecto da Xunta de Galicia e, sobre todo, o distanciamento nas propostas do Comité e a Xunta o pasado día 11 de xaneiro presentamos a comunicación de manifestación o día 25 de xaneiro en Compostela, coincidindo co terceiro día de folga na Xustiza Galega.

Á manifestación están convocados os 2.500 traballadores da Administración de Xustiza Galega. Os centos de xuízos, actuacións xudiciais, declaracións, etc..... que se suspendan serán responsabilidade unicamente do Conselleiro Alfonso Rueda que é quen mantén discriminados aos traballadores galegos con respecto ao resto do Estado.