• Número 378
  • 22 de xaneiro de 2018

Lingua - Manuel González Prieto

Presentación do poemario: A profecía e o xogo dos espellos

Os silencios, as fraquezas e vaguidades anuncian a súa tendencia suicida, mais ela respira

O vindeiro día 26 ás 20 horas, Manuel González Prieto presenta no Centro Social Autoxestionado A Comuna, na Verea do Polvorín 35, o seu poemario “A profecía e o xogo dos espellos”. No acto estará acompañado por Carlos López.

A profecía e o xogo dos espellos

Manuel González Prieto

Poesía, 64 páxinas

A profecía. Aquilo que unha persoa anuncia que vai ocorrer. Os silencios, as fraquezas e vaguidades anuncian a súa tendencia suicida, mais ela respira, abre os ollos e desaprende. A esquizofrenia invade a súa mente e corpo, e comeza a sentirse liberada e libre, comeza a latexar. Dá un paso máis e goza consigo mesma. É quen de xogar. O ceo e terra nos seus dedos. O mundo é por e para ela, faise inmortal, e mostra o seu poder na cea das imperfectas. Os espellos. Cada poema reflíctese no verso dunha escritora ou escritor, o seu espello. Por orde de aparición: Igor Lugris, Manoel Antonio, Luz Pozo, Xohana Torres, Alberto Lema, Emily Dickinson, Sylvia Plath, Anxo Angueira, Rosa Enríquez, Bernardino Graña, Estíbaliz Espinosa, Uxío Novoneyra, Dores Tembrás, Lois Pereiro, Oriana Méndez, María Lado, Lara Rozados, Celso Emilio Ferreiro, Joseba Sarrionandia, Manuel Murguía, Antía Otero, Xosé Luís Méndez Ferrín, Marilar Aleixandre, Chus Pato, Fran Pérez NARF e María do Cebreiro.  O meu agradecemento a Iria Friné, Lola Ferreiro, Mónica Balado, Noelia E. Rionegro, Rosa Enríquez, Cristina Barbeito, Sara Martínez, Dores Asorei, Chus Pato, Rebeca Baceiredo, Sarela González, Eva Cañizares, Esther Folgueral, Helena Sanmamede, Oriana Méndez, Helena Salgueiro, Ana Gallego, Iolanda Zúñiga, Jeane Costa e Patricia Porto, pola súa colaboración nos vídeo-poemas.