• Número 378
  • 22 de xaneiro de 2018

Universidade

Correo electrónico

Unha medida que queda en standby

Recibimos algunha comunicación por parte d@s traballador@s xubilad@s na que se nos advertía de que recibiran unha notificación mediante correo electrónico sinalando que, a partir do 1 de febreiro, poderían causar baixa no servizo. Até agora o correo electrónico era un servizo que non tiña caducidade, @s traballador@s tiñamos o enderezo de correo a perpetuidade.

Diante das consultas realizadas no servizo por esta circunstancia, a información que se proporcionou para ser difundida sinala que se acordou a elaboración udnha normativa de vinculación coa UDC que será levada a Consello de Goberno para a súa aprobación. O servizo adaptarase á decisión que se adopte, quedando en suspenso a notificación recibida pol@s traballador@s.