• Número 378
  • 22 de xaneiro de 2018

Universidade

As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos

Un ano máis

Un ano máis co salario conxelado, na historia recente levamos varios. Fálase da bonanza económica, os beneficios empresariais disparados. O despegue da economía nós nin o cheiramos. Noutras administracións tentan compensar os ridículos incrementos salariais, cando os hai, coa recuperación doutros dereitos, como as 35 horas, e iso facendo filigranas porque o PP vixía para que a situación no se desmande. Os políticos dannos e quítannos sen que de nós saia un chío. Como bos funcionarios agardamos á caída das migallas para agradecelas, dun xeito dócil, na seguinte campaña electoral.

Reincorporación do xerente

Agora non hai escusa, o xerente xa se reincorporou e compre avanzar no que se paralizou pola súa ausencia, que foi todo, neste tempo non se fixo nada. Compre arrear.