• Número 378
  • 22 de xaneiro de 2018

Universidade

Acabáronse as festas

De volta á realidade

Unha vez máis, logo dun período de merecido descanso volvemos á realidade laboral da que, con maior ou menor eficacia, tratamos de evadirnos durante as festas. Unha vez reincorporado o xerente teremos que recuperar o tempo perdido activando os procesos que quedaron en suspenso e os que estando en marcha, precisan que se lles dea un importante impulso.

Polo de pronto o xerente convocou á Xunta de Persoal para o día 22 coa seguinte orde do día:

1. Decisión sobre a constitución do grupo de traballo de conciliación do PAS.

2. Quenda aberta de intervencións.

Por outra parte temos coñecemento de que os temarios da convocatoria de promocións correspondentes ao ano 2017,  temarios que no seu día se rexeitaran por non se axustar aos criterios da promoción convocada no ano 2016, están a piques de se enviar á Xunta de Persoal.

Seguiremos informando