• Número 378
  • 22 de xaneiro de 2018

Persoal interino. Sentenza

Sentenza do Tribunal Constitucional

Unha sentenza que corrixe un acto discriminatorio

O Tribunal Constitucional ven de ditar sentenza na que, entre outras cousas, se recoñece o dereito do persoal interino a poder permutar. A sentenza anula unha anterior sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia porque se vulnerou o principio de non discriminación.

A Sentenza 149/2017 da Sala Primeira, do 18 de decembro de 2017 sobre o Recurso de amparo 5542-2016. Promovido por dona Luisa Fidalgo Rodríguez e dona Marta Canto Pérez respecto da Sentenza da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que, en suplicación, rexeitou a súa solicitude de permuta de postos de traballo. Vulneración do dereito á igualdade: resolución xudicial que nega a permuta con fundamento na interinidade da relación de emprego e sen ponderar a conciliación da vida laboral e familiar. Sinala no seu fallo:

Estimar o recurso de amparo promovido pola representación procesual de dona Luisa Fidalgo Rodríguez e dona Marta Canto Pérez e, na súa virtude:

1.º Declarar que foi vulnerado o dereito das recorrentes en amparo á igualdade ( art. 14 CE).

2.º Restablecer no seu dereito e, a tal fin, anular e deixar sen efecto a Sentenza da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 14 de outubro de 2015 (recurso  núm. 2850-2014), e o Auto da Sala do social do Tribunal Supremo de data 30 de xuño de 2016 (recurso  núm. 4057-2015).

3.º Declarar a firmeza da Sentenza do Xulgado do Social  núm. 2 de Ourense do 25 de marzo de 2014, ditada no procedemento  núm. 84-2014.