• Número 377
  • 26 de decembro de 2017

Sentenza

Unha burla mais a Galiza, impedir o desenvolvemento do dereito civil que lle é propio

O Tribunal Constitucional sentenza agora un recurso do ano 2006 do goberno central contra unha lei do goberno galego

O 28 de marzo de 2007, o Goberno Español, interpuña recurso de inconstitucionalidade contra todo o relativo á adopción e á autotutela, da Lei de Galicia 2/2006, de 14 de xuño, de Dereito civil de Galicia, por entender que a regulación contida nos artigos que o regula, excede das competencias para a conservación, modificación e desenvolvemento do Dereito civil propio atribuídas a Galicia no artigo 27.4 do seu Estatuto de Autonomía, mais din na sentenza agora publicada -despois de máis de dez anos, que "vulnera a competencia exclusiva do Estado sobre a lexislación civil", por entender que a regulación contida nos mesmos excede das competencias para a conservación, modificación e desenvolvemento do Dereito civil propio, atribuídas a Galicia no Estatuto de Autonomía, vulnerando con iso a competencia exclusiva do Estado sobre lexislación civil que se concede na Constitución do 78.

Segundo a Sentenza, o Parlamento Galego, non pode lexislar en materia de adopcións. O Tribunal Constitucional tombou todos os artigos relativos á adopción e á autotutela da Lei de Dereito Civil de Galicia aprobada en 2006 e impulsada polo goberno bipartito (PSdeG-PSOE-BNG) tralo recurso de promovido polo Goberno Español. A sentenza sinala que a declaración de inconstitucionalidade non afectará ás adopcións que sexan firmes no momento da publicación do Sentenza, mais para o resto supoñerá un ano de demora na tramitación.

O Pleno do Tribunal Constitucional, estaba composto por Juan José González Rivas, Presidente, Encarnación Roca Trías, Andrés Ollero Tassara,  Fernando Valdés Dal-Ré, Santiago Martínez-Vares García, Juan Antonio Xiol Ríos, Pedro José González-Trevijano Sánchez, Antonio Narváez Rodríguez, Alfredo Montoya Melgar, Ricardo Enríquez Sancho, Cándido Conde-Pumpido TourónMaría Luisa Balaguer Calello. O relator da Sentenza foi Alfredo Montoya Melgar, Sentenza que tivo dous votos particulares dous votos particulares, de Juan Antonio Xiol Ríos e outro do maxistrado galego Cándido Conde-Pumpido Touron, ao que se adheriron Fernando Valdés Dal-Ré e María Luisa Balaguer Calello. O primeiro  manifesta a súa discrepancia co seu fundamentación xurídica e co seu fallo, que, na súa opinión, debe ser parcialmente desestimatorio. O segundo que formula o maxistrado á Sentenza ditada no recurso de inconstitucionalidade núm. 2845-2007, con as dúas adhesións, formulou voto particular tanto á fundamentación como ao fallo da Sentenza.

O alto tribunal español tomba 18 artigos dos 308 que ten a lei de dereito civil galego.

Na fundamentación do recurso do Goberno Español, comezouse recordando que o preámbulo da Lei expresamente sinala que "persegue desenvolver, en todos os seus aspectos, as institucións xurídico privadas que realmente estivesen vivas no Dereito propio de Galicia". Con esta finalidade a Lei 2/2006, de 14 de xuño, de Dereito civil de Galicia vén derrogar a Lei 4/1995, de 24 maio, de Dereito civil de Galicia e aínda que mellora algunhas institucións tradicionais tales como as comunidades de montes veciñais en man común, a servidume de paso, o dereito de labrar e posuír,..., tamén introduce novidades como a regulación da protección de menores, a adopción e a autotutela e incorpora a regulación de institucións de dereito consuetudinario derivadas de relacións de veciñanza.

Mais o Tribunal decidiu, estimar o recurso de inconstitucionalidade e, en consecuencia:

Declara "en Madrid a 16 de novembro, de 2017, inconstitucionais e nulos os artigos relativos á adopción, e os relativo á autotutela, da Lei 2/2006, de 14 de xuño, de Dereito civil de Galicia, cos efectos previstos no fundamento xurídico que no fundamental di que unha vez declarados inconstitucionais os artigos 27 a 45, non é necesario entrar a enxuizar as outras supostas infraccións constitucionais no seu momento alegadas". Polo que unicamente, resta por determinar o alcance temporal dos efectos da declaración de inconstitucionalidade, nos artigos afectados da Lei, non afectará ás adopcións que sexan firmes na data de publicación desta Sentenza, pois o principio de seguridade xurídica, aconsella limitar os efectos desta resolución a aqueles procesos de adopción que se atopen en curso (os cales deberán adecuarse aos dictados das normas civís do Dereito común e ás procesales de carácter estatal) ademais, loxicamente, da os que se inicien con posterioridade a devandita publicación. A limitación temporal prol futuro dos efectos da declaración de inconstitucionalidade tamén se producirá nos artigos en relación á autotutela. O Tribunal entende, que a persoa que, coa capacidade de obrar suficiente, en previsión de ser incapacitada xudicialmente, outorgue en escritura pública calquera disposición relativa á súa propia persoa ou bens, incluída a designación de titor baixo a vixencia dos artigos.

Enlace coa Sentenza 133/2017, de 16 de novembro, publicada no BOE núm. 308, de 20 de decembro de 2017. 1 Ir á Web. |  Antes publicada na web oficial do Tribunal Constitucional. | Ir á Web.

Recollido de Ártabra 21