• Número 377
  • 26 de decembro de 2017

VOLVEMOS O 22 DE XANEIRO DE 2018

Universidade

Aprobados os Orzamentos e o Plano Operativo Anual 2018

26 de decembro de 2017 | Esta semana pasada realizáronse as reunións da Comisión de AA.EE. delegada do Consello de Goberno, o día 19, posteriormente, o día 20, reunión do Consello de Goberno e o día 21 reunión do Consello Social. Todas estas reunións tiñan como principal obxectivo a aprobación dos Orzamentos de 2018 e do Plano Operativo Anual.

Universidade

Concurso de méritos. Recurso

26 de decembro de 2017 | O pasado día 20 “celebrouse” a vista do recurso que interpuxemos para que se inclúan as vacantes do Servizo de Informática e de Comunicacións no concurso de traslados. A sesión foi realmente kafkiana ao interpretar o xuíz que o concurso de traslados era un concurso oposción e que a promoción sen mobilidade era unha promoción aos mesmos postos que saían no concurso (oposición para el), polo tanto eran incompatibles as dúas posibilidades.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR o luns, 15 de xaneiro de 2018, de 19 a 21 horas

26 de decembro de 2017 | Debido ás datas festivas, APA abrirá de novo o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), o luns, 15 de xaneiro de 2018, desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

CUT - Consellería de Política Social

Política Social. Servizo, saúde, dereitos

26 de decembro de 2017 | A transformación da débeda privada (sobre todo da banca) en débeda pública que financiamos entre tod@s e as políticas de recortes que se impuxeron nos servizos públicos para pagar esa débeda, afectaron, e afectan, a toda a administración pública pero, na administración autonómica, nomeadamente aos centros e servizos dependentes da Consellería de Política Social.

CUT - Alternativas na Xustiza

Proposta ridícula da Dirección Xeral de Xustiza o 20.12.17

26 de decembro de 2017 | O Consello Galego de Relacións Laborais, de oficio, á vista da repercusión social da paralización da Xustiza como consecuencia do éxito das dúas xornadas de folga convocadas, e da incapacidade negociadora da Dirección Xeral, tomou a iniciativa de convocar a esta e ao Comité de folga para intentar un achegamento entre as partes en conflito.

Xunta de Galiza - Orzamentos

Aprobados os Orzamentos de 2018

26 de decembro de 2017 | Co mantra da “consolidación da recuperación” como xustificación para a aprobación dos orzamentos do ano 2018, o día 19 o PP pasou, de novo o rodillo parlamentario para impoñer uns orzamentos que, como os que aprobou até agora, son restritivos no social e dirixidos, como os anteriores ao desmantelamento do público.

CUT - Alternativas na Xustiza

Un xulgado apraza 28 xuízos para substituír ao de violencia de xénero

26 de decembro de 2017 | A baixa por enfermidade do xuíz titular do xulgado de violencia de xénero foi solucionada pola Xunta mediante a designación como substituto do titular do Xulgado do Penal número 5. O sindicato CUT asegura que esta medida implicou que ese órgano xudicial se vise obrigado a suspender 28 xuízos que tiña programados para os mesmos días que o de violencia de xénero e que foron aprazados ata o mes de marzo.

Solidariedade internacionalista

A CUT, no Encontro Solidario Internacional con Catalunya

26 de decembro de 2017 | A CUT participou durante esta pasada fin de semana nos actos do Encontro solidario internacional con Catalunya. Durante as xornadas do sábado e domingo tiveron lugar diferentes mesas de traballo con contidos laborais, sociais, internacionais e políticos, nas que os diferentes colectivos participantes apuntamos visións variadas chegando a puntos de consenso válidos para todas as organizacións asistentes.

CUT

A operación transición, Catalunya na equidistancia

26 de decembro de 2017 | Para ser clase traballadora non chega con traballar nunha fábrica, precisamos ter conciencia de formar parte dela e actuar en consecuencia; ben sabemos que nas fábricas abonda a esquirolaxe, a infección pequeno burguesa e o sindicalismo ao servizo da patronal. Non chega con estar, hai que ter vontade e conciencia de ser.

Sentenza

A avogada da UE equipara o dereito de interinos e funcionarios a pedir excedencias por servizos especiais

26 de decembro de 2017 | A funcionaria interina no Principado de Asturias Isabel Vega González foi elixida deputada polo PSOE no Parlamento rexional en 2015. Entón, pediu unha excedencia por servizos especiais, ou no seu caso excedencia voluntaria, para poder volver ao seu posto unha vez acabase o seu mandato na categoría do Corpo superior de Administradores.

Oficina de Dereitos Sociais-Coia

Loitamos contra "Caballero Vader" e as políticas que nos afogan

26 de decembro de 2017 | Volvemos ás rúas, nesta ocasión para derrotar ao lado escuro que representa "Caballero Vader". El é un dos máximos representantes dun xeito de facer política que beneficia a uns poucos, os de sempre (Aqualia, Vitrasa, construtoras, Clece...) e que empobrécenos a moitas.

Sindicato Labrego Galego

A telematización dos procedementos administrativos discrimina a cidadanía do rural en Galiza

26 de decembro de 2017 | O 2 de outubro de 2015, o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaba unha Lei de Procedemento Administrativo que obrigaba a telematizar o traballo das administracións e que entraría en vigor un ano despois, en outubro de 2016. É dicir, que dende hai un ano, as entidades asociativas e persoas xurídicas deben relacionarse obrigatoriamente coa Administración por vía telemática, proceso que tamén se está dando cada vez con máis forza coas persoas físicas.

Sentenza

Unha burla mais a Galiza, impedir o desenvolvemento do dereito civil que lle é propio

26 de decembro de 2017 | O 28 de marzo de 2007, o Goberno Español, interpuña recurso de inconstitucionalidade contra todo o relativo á adopción e á autotutela, da Lei de Galicia 2/2006, de 14 de xuño, de Dereito civil de Galicia, por entender que a regulación contida nos artigos que o regula, excede das competencias para a conservación, modificación e desenvolvemento do Dereito civil propio atribuídas a Galicia no artigo 27.4 do seu Estatuto de Autonomía,

Represión

“O único que conseguiu o Estado español con estas medidas punitivas é aumentar a rede de solidariedade"

26 de decembro de 2017 | Máis de cen persoas multadas, con sancións de até 800 euros, pola ocupación do colexio Peleteiro, en Compostela, no transcurso dunha mobilización contra o desaloxo do CSOA (centro social okupado autoxestionado) Escarnio e Maldizer, en Compostela. Falamos con persoas deste colectivo.

Movemento Galego da Saúde Mental

A pesar do denunciado non hai ningunha mellora na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica da Coruña

26 de decembro de 2017 | Hai dez meses o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) denunciou publicamente o estado no que se atopaba a Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Complexo Hospitalario da Coruña.

Laboral. Salario mínimo e dereito de folga

O acordo sobre o SMI consolida a miseria salarial

26 de decembro de 2017 | O acordo asinado por UGT, CC OO, CEOE, Cepyme e Goberno, terá consecuencia o incremento da precariedade ao consolidar salarios misérrimos moi inferiores aos imprescindibles para satisfacer as necesidades básicas. Unha vez máis os sindicatos do sistema traicionan @s traballador@s ao dobregarse á vontade de empresarios e aos políticos que os representan.

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

O PP nega que o galego teña os mesmos dereitos que o castelán, o eúscaro e o catalán

26 de decembro de 2017 | A Mesa pola Normalización Lingüística lamenta que o Partido Popular continúe a oporse aos avances para a lingua galega. Evidenciouno co rexeitamento á iniciativa lexislativa popular (ILP) para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.

Corrupción

O Goberno dubida se reclamarlle a Florentino Pérez os 1.350 millóns polo Castor

26 de decembro de 2017 | O Goberno defende o pago da indemnización de 1.350 millóns ás empresas promotoras do proxecto do almacén de gas Castor, entre as que se atopa o grupo ACS presidido por Florentino Pérez, a pesar da súa anulación por parte do Tribunal Constitucional (TC).

Represión

Xuíz de Murcia ratifica sanción á banda Rokavieja por pronunciar a frase “moita policía, pouca diversión” nun concerto

26 de decembro de 2017 | Finalmente, Liborio Ruíz acatará a sentenza, asumirá os cargos e procederá ao pago da sanción económica, tras ver que non poderemos defendernos a través das vías da xustizas.

Opinión - Manuel Cañada

Sete teses de urxencia sobre a renda básica

26 de decembro de 2017 | En marzo de 2018, terá lugar unha Marcha Básica contra o paro e a precariedade. A primeira das columnas xa ten calendario, sairá o 10 de marzo de León para chegar a Madrid o 24 de marzo.

Videos