• Número 377
  • 26 de decembro de 2017

Universidade

As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos

Decepcionado

Eu teño que recoñecer que, no seu día, votei a Abalde porque acababamos de asinar as promocións e pensei que con outro reitor non se levarían a efecto, tamén pensei que máis vale progre malo que volver á noite de pedra.  Abalde desmontou todas as miñas especulacións de voto. Houbo que forzar as promocións e a xestión é tan interesada como a que podían facer aquela suma de candidatos. Se hai algo que non lle perdoo é que, desde que é reitor, a acción social estea conxelada. Estes días enchinme de rabia ao ver que presumía na prensa do incremento do orzamento mentres que a  partida na que eles nos poden devolver o que se nos roubou quedaba novamente conxelada. Son peores que esa dereita que, algunhas veces, critican.