• Número 377
  • 26 de decembro de 2017

Universidade

Concurso de méritos. Recurso

Queremos que o concurso contemple todas as vacantes

O pasado día 20 “celebrouse” a vista do recurso que interpuxemos para que se inclúan as vacantes do Servizo de Informática e de Comunicacións. A sesión foi realmente kafkiana ao interpretar o xuíz que o concurso de traslados era un concurso oposición e que a promoción sen mobilidade era unha promoción aos mesmos postos que saían no concurso (oposición para el), polo tanto eran incompatibles as dúas posibilidades.

A cuestión é que como non sabe cal das dúas opcións prevalece, retrasa o vista e quere que se convoque a todos os sindicatos asinantes, como codemandados, para saber cal das dúas opcións é a que se ten que adoptar. retrásase o asunto, polo menos un ou dous meses.