• Número 376
  • 18 de decembro de 2017

Universidade

Resumo do Claustro Universitario realizado o día 12

18 de decembro de 2017 | O pasado día 12 realizouse unha nova sesión do Claustro Universitario. Da documentación que se presentou e da que xa vos informamos no anterior PASquín, detráese un importante incremento orzamentario derivado da sentenza do contencioso interposto pola universidade respecto dos criterios de reparto empregados pola Xunta.

Universidade

Concurso de méritos. Recurso

18 de decembro de 2017 | O día 20 ás 11 horas realizarase a vista do contencioso que CCOO e nós interpuxemos contra a RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2017 pola que se convoca o concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos, ao non contemplar todas as prazas vacantes.

Universidade

Día 20, nova reunión do Consello de Goberno. O día 21 pleno do Consello Social

18 de decembro de 2017 | O vindeiro día 20 realizarase una nova reunión do Consello de Goberno, por desgraza coincide coa vista do recurso que interpuxemos ao concurso de méritos convocado o que nos impedirá estar presentes na sesión, polo menos a unha gran parte d@s representantes. Uns por sermos demandantes e outr@s por estar citad@s en calidade de testigos.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

18 de decembro de 2017 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

CUT - Alternativas na Xustiza

O 13-D: outro éxito histórico da folga na xustiza galega

18 de decembro de 2017 | Unha nova e exitosa xornada de folga da administración de xustiza de Galicia. A participación dos traballadores e traballadoras que reclaman a fin da discriminación salarial rozou o pleno. Nin un paso atrás nesta loita tan necesaria como xusta!. A partir de xaneiro, a folga será indefinida. Parabéns e azos para continuar esta necesaria loita!

Xunta de Galiza - Sentenza

O TSXG obriga á Xunta a readmitir a unha traballadora con contrato indefinido non fixo

18 de decembro de 2017 | As compañeiras da Consellería de Política Social transmítennos a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que obriga á Xunta de Galiza a readmitir a unha traballadora con contrato indefinido, despedida ao ser ocupado o posto que ocupaba por outro traballador nun concurso de traslados.

Sanidade Pública

Traballadores denuncian "colapso crítico" nas Urxencias do Hospital da Coruña

18 de decembro de 2017 | A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) denunciou unha "nova situación crítica de colapso " nas Urxencias. Segundo os traballadores do Chuac, a "saturación" no Servizo é "permanente", circunstancia que atribuíron aos "recortes e á improvisación" da Xerencia de Xestión Integrada da área sanitaria coruñesa.

Verdegaia

Xornadas sobre os montes galegos

18 de decembro de 2017 | Con motivo dos recentes incendios en Vigo, producíronse reunións de diversos colectivos e persoas individuais que deron lugar á Plataforma Terra Viva. Esta plataforma está formada por: BNG, CIG, CUT, EQUO, LAGARES VIVO, MAREA DE VIGO, PODEMOS XERACIÓN MORADA e VERDEGAIA.

ADEGA

Perante a seca as medidas de aforro e eficiencia deberían antepoñerse aos transvasamentos e captacións

18 de decembro de 2017 | ADEGA demanda tanto da Xunta de Galiza como das administracións locais medidas que fomenten unha cultura da auga aforradora e eficiente, priorizando o combate ao desbaldimento ás novas captacións..

Oficina de Dereitos Sociais-Coia

"A axuda alimentaria e 21 millóns de quilos de maquillaxe", Isa Álvarez

18 de decembro de 2017 | O Estado Español non aparece nos mapas da fame. O norte civilizado reflicte conxuntamente “América do Norte e Europa” nas estatísticas mundiais do informe SOFI coas que anualmente a FAO reconta as millóns de persoas que non se alimentan de modo adecuado.

CRTVG

Admitida a trámite unha demanda contra a CRTVG por vulneración de dereitos fundamentais

18 de decembro de 2017 | O director xeral da compañía, Alfonso Sánchez Izquierdo, debe comparecer o vindeiro 9 de xaneiro no Xulgado de Compostela. O motivo da demanda radica nunha serie de manifestacións realizadas no Parlamento polo director xeral contra unha traballadora.

Sindicato Labrego Galego

O sector lácteo galego perde 10,66 millóns de euros ao mes. O Sindicato Labrego Galego tamén alerta de que se perderon un terzo das granxas no país en seis anos

18 de decembro de 2017 | As 8.400 granxas leiteiras que seguen en activo en Galicia están a perder 10,66 millóns de euros ao mes. Así o denunciou este venres o Sindicato Labrego Galego (SLG) no seu Congreso do Leite en Ordes (A Coruña), no que a gandeira vilalbesa Lupe Prado foi reelixida responsábel do sector na organización agraria.

Economía

Galiza rexistra a maior suba do IPC de Estado español

18 de decembro de 2017 | Galiza lidera o aumenta da taxa anual dos prezos de consumo no Estado, con 1,8%, o que supón 3 décimas máis que no mes anterior, segundo datos do Instituto nacional de estatística. Os prezos sitúanse por riba da media do conxunto do Estado nunha décima e sitúan Galiza á fronte da listaxe de maiores incrementos. No Estado o IPC aumentou en 0,5% en novembro e elevou unha décima a taxa interanual, até 1,7%.

Sentenza

Os traballadores de ETT deben ter as mesmas condicións que o resto

18 de decembro de 2017 | A Sala do social da Audiencia Nacional ditou unha sentenza na que declara que os traballadores contratados por empresas de traballo temporal (ETT) teñen dereito a gozar das mesmas medidas de igualdade que os traballadores que contratan as empresas sen facer uso destes mediadores.

Nin xente sen casa nin casas sen xente

Xente sen casa: unha constante en aumento

18 de decembro de 2017 | Ante o xogo de competencias entre as administracións, máis de tres mil persoas sen fogar en Galiza -dados extraídos do último informe publicado por Cáritas- viven entre servizos deficientes e un sistema que non ten en conta as súas necesidades.

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

A Mesa defenderá no Parlamento ampliar os dereitos das persoas galegofalantes no ámbito económico

18 de decembro de 2017 | A iniciativa lexislativa popular (ILP) de medidas para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico defenderase o vindeiro martes 19 de decembro no Parlamento de Galiza.

Palestina

Trala tempestade non chega a calma aos territorios palestinos ocupados

18 de decembro de 2017 | A declaración do presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, na que recoñece Xerusalén como capital de Israel, incendiou os ánimos e as rúas volven cortarse ante os enfrontamentos entre soldados israelís e mozos palestinos. O ambiente que se respira en todos os territorios palestinos é de nerviosismo latente e tensión.

RACISMO E XENOFOBIA

O cárcere de Archidona: un inferno ilegal para os inmigrantes

18 de decembro de 2017 | O pasado 13 de decembro, centenares de inmigrantes indocumentados protagonizaron un levantamento no centro penal Málaga II, en Archidona, con motivo da repentina deportación de corenta inmigrantes alxerinos.

Opinión - Sarah Babiker

Unha defensa visceral da Renda Básica Universal

18 de decembro de 2017 | Ouviches falar dela. Aparece nas páxinas dalgúns xornais. Ás veces asómase timidamente polos programas de certos partidos. Saberás que hai xente moi a favor, e xente moi en contra, e xente que nin fu nin fa, e xente que anda confusa. Suízos que a vetan en referendos, finlandeses que levan uns meses experimentándoa.

Videos