• Número 374
  • 04 de decembro de 2017

CUT - Sección Sindical da Consellería de Política Social

Xunta de Galiza. Oferta de Emprego Público 2017

A pasividade deses sindicatos respecto de cuestións como as carteleiras, Oferta de Emprego... representa unha aceptación, de facto, das imposicións da Xunta

O presidente da Xunta saca peito co anuncio dunha Oferta de Emprego Público que contempla 2.405 prazas. Mentres que a Xunta, anuncia que esta OPE é froito do acordo cos sindicatos que asinaron o Acordo de Estabilidade, tanto a nivel de Estado, como na propia autonomía, os sindicatos asinantes tratan de escorrer o vulto, opoñéndose á OPE e non a asinan.

As componendas á marxe d@s traballador@s é que teñen. Primeiro, a bombo e prato, anúncianse as bondades dos acordos, pero cando se sustancian ninguén quere responsabilizarse.

As carencias da Oferta presentada, e que, se non demostramos contundencia no rexeitamento, se aprobará coa maioría parlamentaria do PP, son enormes e deixa tirad@s a infinidade de traballador@s que ven frustradas as súas expectativas ao non se contemplar nin sequera acordos xa asinados como o da consolidación. Dadas as circunstancias que concorren na administración autonómica con índices de temporalidade que, en xeral, son inaceptables nalgunha consellería alcanzan límites insoportables como ocorre na Consellería de Política Social, a Oferta de Emprego Pública presentada é insultante.

A situación descrita obedece á actitude dos sindicatos maioritarios que entenden que @s traballador@s cando depositan o voto, cada catro anos, fan unha delegación sen condicións, outorgándolles a capacidade para decidir, sen facer nin unha soa consulta en temas tan transcendentes. Deciden á marxe d@s , traballador@s que os votaron, defendendo, en moitos casos, intereses alleos @s d@s propi@s traballador@s.

Desde a nosa opción sindical pronunciámonos polo asemblearismo como o mellor xeito de non perder o contacto c@s traballador@s, este xeito de debate e toma de decisións posibilita ademais a adopción das medidas que a asemblea considere oportunas para defender as alternativas acordadas.

No caso que nos ocupa, a Oferta de Emprego Público do ano 2017 pensamos que é imprescindible, e urxente, recorrer precisamente á convocatoria de asembleas, tanto nos postos de traballo, a nivel local, provincial... no camiño de realizar a contundente resposta que o insulto merece.

ASEMBLEAS PARA DEBATER E DECIDIR!

LOITAR PARA CONSEGUIR!

 

Documentos:

Decreto definitivo

Anexos I-II-III e IV

Listado de postos da 2º parte do Proceso de Consolidación