• Número 374
  • 04 de decembro de 2017

Universidade

Resumo da reunión da Xunta de Persoal do día 29 de novembro

Posta en común e actuación en consecuencia

1. Informe do presidente e dos representantes das comisións.

Información do presidente

Na Comisión de Asuntos Económicos do Consello de Goberno infórmasenos que se está a traballar nos orzamentos do ano 2018 pero aínda non proporcionou documentación, cando se produza esa transmisión trasladarémola á Xunta de Persoal para a súa avaliación

Situación FUAC.

Na última reunión xa falamos de como se externalizaron os títulos propios para seren xestionados desde a FUAC. Denunciamos que esta circunstancia supoñía a cesión ilegal de traballadores.
Para maior información ver o resumo da reunión do Consello de Goberno

Onte denunciámolo así na reunión do Consello de Goberno pero cremos que deberíamos actuar como Xunta de Persoal.

Na reunión de onte do Consello de Goberno tamén protestamos pola situación do reparto da roupa de traballo da que falaremos posteriormente, significando a intención de traer hoxe a esta reunión a interposición de denuncia a través da Inspección de Traballo.

UDC Decide Plataforma de participación.

Solicitan o nomeamento de 2 delegados do PAS para a posta en marcha do portal. Apuntan a persoal de Extensión Universitaria

Cese dun dos membros da Xunta de Persoal

Infórmase do cese de Juan Manuel Pernas Ladra, representante de CCOO, xunto coa comunicación do seu cese, preséntase tamén o da persoa seguinte na lista deste sindicato, Javier López Domínguez.

Informe das Comisións:

Informouse da Comisión de Listas de Agarda na que se acordou a convocatoria de lista de agarda da praza de Técnico de Laboratorio de Electricidade e Electrónica. Na Comisión rexeitáronse algúns dos temas por superaren os requirimentos da praza. A Xunta de Persoal aínda non recibiu a convocatoria para a súa avaliación.

As representantes da Comisión de Formación informan de que na última reunión realizada falouse do reparto de diñeiro que, destinado á formación para as promocións, non se vai gastar debido a que a convocatoria aínda non se realizou e a dita formación non se levará a efecto neste exercicio orzamentario.

2. Aprobación das actas remitidas o 27 de novembro

Apróbanse as actas coas correccións sinaladas.

3. Decisión sobre a convocatoria do grupo E-AP e asembleas

Apróbase, por unanimidade requirir, de novo, ao reitor o cambio de grupo das dúas prazas da Oferta de Emprego Público de 2015 que deberían corresponder ao grupo C2 segundo o acordo de funcionarización. A xunta de Persoal non acepta as razóns aducidas polo reitor para non realizar as xestións correspondentes coa Consellería de Facenda encamiñadas a corrixir este erro. A convocatoria de asembleas queda posposta a ter coñecemento da resposta do reitor.

4. Escritos remitidos pola Xerencia con sixilo (listas de agarda).

A Xunta de Persoal reitera o cumprimento do regulamento existente.

5. Escritos remitidos pol@s traballador@s dende a última reunión.

A Xunta de Persoal dará cumprida resposta aos escritos presentados.

6. Análise dos temarios enviados pola Xerencia

A Xunta de Persoal non entrou a valorar pormenorizadamente os temarios presentados ao observar a existencia dunha clara diferencia no nivel de dificultade entre os temarios presentados e os temarios das promocións convocadas no ano 2016. Mesmo entre os temarios presentados hai unha clara diferenza, neste sentido

7. Roupa de traballo

Constatamos que a protesta realizada no Consello de Goberno do día 28 de novembro tivo efecto, hoxe mesmo, no correo institucional convócase @s trabballdor@s para a entrega da roupa os días 12 e 13 deste mes. Queda por reparar o feito de que non se realizase convocatoria e que tivo como consecuencia que 36 trabllaor@s quedasen fóra do reparto por realizar a petición fóra de prazo, neste sentido a Xunta de Persoal aprobou por unanimidade requirir á Xerencia unha convocatoria extraordinaria para subsanar a situación, de non realizarse analizaremos a posibilidade de denuncia en inspección de traballo.

8. Acción social e conciliación

Acórdase requirir a constitución do grupo de traballo que se acordou e nunca se convocou, coa finalidade de iniciar o debate sobre as propostas que no seu día se remitiran ao xerente.

9. Xubilacións

A nova lei permite a continuidade no posto de traballo, de xeito practicamente indefinido, aínda que @ traballador@ conseguira xa o 100% da base reguladora. Ponse enriba da mesa a posibilidade de que tratar coa universidade a desincentivación desas prórrogas que, en definitiva, impiden o relevo xeracional na Universidade.

Acórdase solicitar a listaxe d@s traballador@s que solicitan esa continuidade.

10. Acumulación de tarefas

Sinálanse dous casos de contratacións por acumulacións de tarefas que parecen improcedentes.

11. Rolda de intervencións

Ponse enriba da mesa, para tomar decisión noutra xuntanza o tema da diferenza nas dietas segundo o grupo de pertenza.

Matrícula gratuíta, a falta de reciprocidade entra universidades, levará a que cada universidade se responsabilice de facer efectivo este dereito aos seus traballadores independentemente da universidade onde se matriculen.