• Número 374
  • 04 de decembro de 2017

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

A Mesa presentou no Culturgal a curta S. C. Atréveste a vivir a experiencia?

A Mesa pola Normalización Lingüística tivo presenza no evento a través do seu expositor

A décima edición do Culturgal realizouse os días 1, 2 e 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nesta edición 2017 a Feira conta con Portugal como cultura convidada, un intento serio de estabelecer relacións culturais estábeis con axentes e institucións portuguesas.

A Mesa pola Normalización Lingüística tivo presenza no evento a través do seu expositor coa información sobre a súa actividade e con produtos á venda entre os que destaca País das Letras, póster xigante para colorear, que se puido pintar no noso stand durante os 3 días. O stand da Mesa foi o número 61.

O domingo 3 de decembro ás 17:15 h presentamos no Espazo Foro a curtametraxe S.C. Atréveste a vivir a experiencia? que mostra a problemática do uso do galego na sociedade actual. Esta curta formou parte da campaña para impulsar a iniciativa lexislativa popular para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico que A Mesa desenvolveu en 2017. Interviron o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, da permanente da Mesa, Susana Méndez, o representante de Desoños, Carlos Álvarez, o guionista, David Rodríguez e o representante da produtora Paulo Bouzas.

Programa_Culturgal_MESA (879 kB)

logo-culturgal-20171 (9 kB)