• Número 374
  • 04 de decembro de 2017

Universidade

Resumo da reunión da Xunta de Persoal do día 29 de novembro

04 de decembro de 2017 | Deseguido pasamos a facer un resumo da reunión da Xunta de Persoal realizado o día 29 do pasado mes.

Universidade

Resumo do Consello de Goberno do día 28

04 de decembro de 2017 | O decurso da reunión do Consello de Goberno da que vos lembramos a Orde do día, foi totalmente plácido até a quenda aberta de intervencións da que vos pasamos un resumo das intervencións da representación do PAS e das respostas ás cuestións que presentamos.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 18 a 20 horas

04 de decembro de 2017 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 18 até as 20 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

CUT - Sección Sindical da Consellería de Política Social

Negociación carteleiras 2018

04 de decembro de 2017 | Reproducimos a declaración da Sección Sindical da CUT á acta da xuntanza celebrada pola Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social co Comité Provincial de Empresa o día 30/11/2017 ás 12:30 horas para “negociar” as carteleiras do ano 2018.

CUT - Alternativas na Xustiza

Éxito do primeiro día de folga na xustiza

04 de decembro de 2017 | Importantísimo seguimento da primeira xornada de folga convocada na Administración de Xustiza de Galicia. Os sindicatos que ciframos a participación en Ourense no 90 %, Santiago 75 %, Pontevedra 95 %, A Coruña 90 %, Lugo 60 % e Vigo 95 %. Parabéns aos traballadores e traballadoras que loitan polos seus dereitos, que son os de todas nós!

CUT - Sección Sindical da Consellería de Política Social

Xunta de Galiza. Oferta de Emprego Público 2017

04 de decembro de 2017 | O presidente da Xunta saca peito co anuncio dunha Oferta de Emprego Público que contempla 2.405 prazas. Mentres que a Xunta, anuncia que esta OPE é froito do acordo cos sindicatos que asinaron o Acordo de Estabilidade, tanto a nivel de Estado, como na propia autonomía, os sindicatos asinantes tratan de escorrer o vulto, opoñéndose á OPE e non a asinan.

CUT - REPRESIÓN

A CUT contra a represión en Redondela: fascismo nunca máis!

04 de decembro de 2017 | O pasado xoves 30 de novembro, ás 19:00 horas, na Praza do Concello de Redondela, a CUT secundou a concentración contra a represión e en defensa da liberdade de expresión organizada polo Colectivo Republicano desta vila, que hai unhas semanas asistiu atónito á retirada, por parte da Concellería de Cultura, dunha exposición fotográfica que organizara no Multiusos da Xunqueira.

Emprego público

O emprego temporal nas administracións galegas alcanza a maior cifra en seis anos

04 de decembro de 2017 | O número de traballadores con contrato fixo na Xunta, organismos do Estado, concellos e deputacións é o cuarto máis baixo do últimos quince exercicios -Os asalariados públicos aumentan un 6,6% en 2017/p>

Sanidade Pública

Solicitan á Xunta o desbloqueo ao recoñecemento da carreira profesional dos fisioterapeutas do Sergas

04 de decembro de 2017 | O Colexio Oficial de Fisioterapeutas denuncia que Galicia é a única comunidade en España que non desenvolveu este mecanismo que permite o dereito á promoción dos profesionais sanitarios.

Seca - A Coruña

Restricións de auga na Coruña, un problema que chegou para ficar

04 de decembro de 2017 | Case 400.000 persoas en poboacións da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada -os sete concellos da área metropolitana da Coruña que desde hai tres semanas sofren restricións no consumo de auga, de momento limitadas aos usos públicos- agardan que a chuvia ou o bombeo desde o lago das Encrobas ao río Barcés sirvan como solución puntual para un problema, o da seca, que xa non é só cousa do sur do país..

COLECTIVOS VULNERÁBEIS

O Colexio de Traballo Social apresenta unha guía de boas prácticas comunitativas

04 de decembro de 2017 | O documento foi elaborado en colaboración co Colexio de Xornalistas, a Área de Benestar Social da Deputación da Coruña e a Sociedade Galega de Xerontoloxía.

Sanidade pública

Médicos do Clínico aseguran que houbo "atrasos", "trabas" e criterios "arbitrarios" nos tratamentos da hepatite

04 de decembro de 2017 | Dous médicos do Hospital Clínico de Santiago declararon este xoves ante o xuíz que a concesión de tratamentos contra a hepatite C sufriu "atrasos" por mor de "trabas" e de criterios "arbitrarios" motivados polo seu "alto impacto económico".

Discapacidade

Galicia rexistra a taxa máis baixa de actividade de persoas con discapacidade de España, con 27,8%

04 de decembro de 2017 | Galicia rexistra a menor taxa de actividade de persoas con discapacidade en España, co 27,8%, após a que se sitúan Andalucía e A Rioxa (30,5% en ambas as), segundo os datos da estatística 'O Emprego das Persoas con Discapacidade 2016' que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Movemento Galego da Saúde Mental

Os doentes con trastorno mental grave e sen recursos, peor

04 de decembro de 2017 | Resulta tan doloroso como indignante constatar que o tempo da discriminación inxusta sigue detido para as persoas que necesitan coidado e tratamento en réxime residencial nas institucións hospitalarias psiquiátricas do SERGAS.

Sindicato Labrego Galego

Eduardo Quintás (gandeiro): "De que nos serve a mina en Touro se destrúe 150 postos de traballo na gandería?"

04 de decembro de 2017 | Eduardo vive en Arinteiro, unha aldea de Loxo no concello de Touro. Hai catro anos, apostou o seu futuro á gandería facéndose titular da granxa familiar: 35 vacas de leite e carne e unhas 10 hectáreas de terras para mantelas. A incorporación de Eduardo sería unha boa nova para o rural se o meirande das súas terras, nas que agora nace a herba sementada, non estivesen na zona cero dun proxecto mineiro de Atalaya Mining que ameaza o seu traballo e o de 150 labregos e labregas máis nos municipios de Touro e O Pino.

Ensino

O ensino privado en centros relixiosos recibe o dobre de diñeiro público que nos laicos

04 de decembro de 2017 | O ensino privado non universitaria obtivo un resultado positivo de 385 millóns de euros en 2014-2015. Os ingresos correntes que percibiron os centros educativos privados non universitarios situáronse nos 10.963 millóns de euros, dos que o 69,2% procedían da Administración Pública.

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

A Mesa presentou no Culturgal a curta S. C. Atréveste a vivir a experiencia?

04 de decembro de 2017 | A décima edición do Culturgal realizouse os días 1, 2 e 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nesta edición 2017 a Feira conta con Portugal como cultura convidada, un intento serio de estabelecer relacións culturais estábeis con axentes e institucións portuguesas.

Non aos CIE

O Defensor do Pobo critica que os antidisturbios xestionen o CIE improvisado de Archidona

04 de decembro de 2017 | Os días 23 e 24 de novembro, dous técnicos da oficina do Defensor do Pobo visitaron o centro penal de Archidona que, sen ser estreado, foi o destino de 500 persoas orixinarias de Alxeria.

Represión

Xuízo a Boro LH, xornalista acusado por opinar en redes sociais: “Estamos a vivir unha tolemia”

04 de decembro de 2017 | Crónica desde o xuízo na Audiencia Nacional contra o xornalista da Haine, acusado de enaltecemento “do terrorismo”. Impunidade e dobre vara de medir da xustiza que condena a liberdade de expresión.

Opinión - Jesús Cintora

Eloxio a un franquista

04 de decembro de 2017 | Un pensa canto debemos avanzar como democracia en España cando ve ao presidente do Goberno referirse a un dos golpistas máis sanguinarios da nosa historia recente. Aquí, un día calquera, o xefe do Executivo declara que non entende por que lle quitaron a rúa a semellante criminal e non pasa nada.

Videos