• Número 374
  • 04 de decembro de 2017

CUT - Sección Sindical da Consellería de Política Social

Negociación carteleiras 2018

Queremos garantir un trato igualitario nos horarios dos traballadores e as traballadoras

Reproducimos a declaración da Sección Sindical da CUT á acta da xuntanza celebrada pola Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social co Comité Provincial de Empresa o día 30/11/2017 ás 12:30 horas para “negociar” as carteleiras do ano 2018.

NEGOCIACIÓN CARTELEIRAS 2018 XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL SECCIÓN SINDICAL DA CUT DECLARACIÓN DE PARTE Á ACTA DA XUNTANZACELEBRADA CO COMITÉ PROVINCIAL DE EMPRESA O 30/11/2017 AS 12:30 HORAS

A CUT manifesta o seu malestar pola convocatoria a unha hora tan tardía dunha xuntanza para negociar algo tan complicado como as carteleiras coas quendas de traballo do persoal de todos os centros de traballo da provincia, algo que require unha análise polo miúdo co obxecto de garantir un trato igualitario nos horarios dos traballadores e as traballadoras coa mínima afectación nas condicións de traballo, para permitir a conciliación da vida laboral e familiar e para establecer ás máximas garantías na prestación do servizo público. A xuízo deste sindicato, convocar unha xuntanza ás 12:30 horas da mañá é unha evidencia da falta de vontade negociadora por parte da Administración.

En aras dunha negociación efectiva de boa fe, A CUT SOLICITA que a Administración lle facilite a seguinte información:

1.- Que se lle entregue o desenvolvemento individual das carteleiras, debido a que as matrices achegadas pola administración á representación sindical non mostran os posibles desequilibrios que se poden producir entre o persoal de cada categoría profesional, mesmo para a mesma quenda e no mesmo centro, debido a que se pode dar o caso, como ocorre na actualidade, de que hai persoal que traballa todos os festivos e outro ningún. A CUT considera que non aportar o desenvolvemento individual das carteleiras impide unha negociación efectiva sobre elas e, polo tanto, solicítalle á Administración a convocatoria dunha nova xuntanza tralo aporte de toda a documentación requirida para unha negociación real.

2.- A CUT tamén pide que a administración aclare por escrito o significado de determinada nomenclatura que se recolle na documentación achegada, como é o caso da incorporación de elementos nas quendas como C, X ou XIF. Este sindicato non recibiu unha aclaración do significado destes elementos, nin o seu valor a efectos de xornada, e tampouco He consta que a Administración explicase de xeito motivado a súa inclusión aleatoria nunhas matrices mentres noutras non, o que, ao noso entender, evidencia un criterio de arbitrariedade que pode supoñer unha grave discriminación entre o persoal.

3- As matrices enviadas pola Xefatura Territorial da Coruña están incompletas, pero xa evidencian que naqueles centros nos que se a tende a usuarios dependentes ou discapacitados existe un agravio- comparativo entre traballadores e traballadoras do mesmo centro, xa que o número asignado a un andar é menor que o asignado a outro sen xustificación, malia que o número de residentes e as súas condicións por andar son as mesmas, O que He provoca ao persoal unha carga física, psíquica e emocional inxustificada. Ademais, esta situación vese agravada polo feito de que cada vez é máis frecuente o ingreso de pacientes con trastornos psiquiátricos que requiren dunha atención en centros especializados e non en instalacións concibidas e organizadas para outro tipo de residentes, o que ocasiona constantes episodios de estrés, agravados pola falta de ,persoal, e con episodios cada vez máis frecuentes de agresións físicas e psicolóxicas, tanto cara ós traballadores e traballadoras, como entre os propios usuarios/as. Este problema é aínda maior durante as fins de semana, xa que o persoal asistencial é menor, pero non así a carga de traballo, que segue a ser a mesma pero asumida por menos profesionais que, a maiores, debe resolver problemas ocasionados polos servizos que pexan durante as xornadas de fin de semana, como son a fisioterapia, a terapia ocupacional, as animacións, entre outros. Solicitamos da Xefatura Territorial a xustificación motivada para manter esa situación discriminación para o persoal asignado a esas quendas.

4.- Solicitamos, así mesmo, a xustificación que motive en cada caso o desequilibrio para o persoal que supoñen matrices que asignan nalgúns centros a traballadores e traballadoras dunha mesma categoría a quendas fixas de luns a venres, mentres que a outros a quendas rotativas de luns a domingo. Igualmente, pedimos a aclaración que motive a razón pola que algúns traballadores/as fan quendas de noite mentres que outros non.

5.- A CUT solicita tamén que a Xefatura Territorial identifique como tempo efectivo de traballo dentro das carteleiras o tempo de relevo no cambio de quendas para aqueles postos de traballo que esixen unha atención permanente.

6.- Este sindicato pídelle á Administración que motive a razón pola que as carteleiras mostran que na quenda de noite só hai asignada unha auxiliar de enfermería por andar, cando a maioría dos residentes precisan ser asistidos por dúas profesionais simultaneamente debido ás súas dificultades motoras e ao seu deterioro físico e psíquico. Esta situación que mostran as carteleiras pode representar un risco laboral grave e pode ter consecuencias sobre a saúde dos residentes pola imposibilidade de que unha única auxiliar de practicar tarefas que esixen dunha compañeira para practicalas de xeito correcto, polo que a Xefatura Territorial debe aclarar o motivo de establecer esa asignación de quendas na xornada nocturna.

Polo anteriormente exposto, instamos á Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política social a que, á maior brevidade posible, aclare, motive e desenvolva por escrito os puntos solicitados para a súa análise por parte da representación sindical e convoque unha próxima xuntanza co obxecto de chegar a un acordo sobre as carteleiras que permitan unha asignación de quendas equilibrada e igualitaria para o persoal a prol da mellor prestación do servizo público.

Asdo.

Demelsa Piñeiro Figueira

Delegada electa pola CUT no Comité Provincial de Empresa da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social