• Número 373
  • 27 de novembro de 2017

Universidade

Día 29 de novembro, reunión da Xunta de Persoal

27 de novembro de 2017 | O vindeiro día 29 a Xunta de Persoal reúnese para tratar os temas que vos adiantamos no PASquín anterior xunto con outros asuntos derivados das propias dinámicas institucionais ao se producir a remisión á Xunta de Persoal dos primeiros temarios do proceso de promoción que se ten que convocar de xeito inmediato.

Universidade

Día 28, reunión do Consello de Goberno

27 de novembro de 2017 | O día 28 realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno. Como facemos habitualmente, poñémonos ao voso dispor para transmitir todo que poida ser do voso interese. Pola nosa parte estamos a elaborar os temas que trataremos na reunión, facendo fincapé, unha vez máis, na situación da FUAC, interesarémonos, tamén por todos os temas que vos adiantamos no PASquín.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

27 de novembro de 2017 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

CUT - Sección Sindical da Consellería de Política Social

Consellería de Política Social: reposición artigo 19 e non ás carteleiras!

27 de novembro de 2017 | A sección sindical da CUT na Consellería de Política Social está a desenvolver unha campaña a prol da mellora na prestación do servizo público de coidado das nosas maiores e menores e para esixir a recuperación de dereitos laborais que están en suspenso desde o ano 2012, cando o goberno de Feijóo publicou o “Decreto 20/2012 de medidas temporais en determinadas materias de emprego público”.

CUT - SECRETARÌA DAS MULLERES

CUT - SECRETARÌA DAS MULLERES

Orgullo e camiño, traballadoras feministas contra o patriarcado e o capitalismo #25N

27 de novembro de 2017 | O patriarcado e o capitalismo baten en nós pero os seus golpes non sempre deixan o mesmo tipo de feridas. As reformas laborais, os recortes no sistema sanitario e educativo e a lei de dependencia súmanse ás ofensivas machistas que defenden o papel da muller como ama de casa e coidadora dentro do fogar.

Xunta de Galiza

Reunión da subcomisión da mesa sectorial do persoal funcionario e laboral

27 de novembro de 2017 | O día 23 de novembro de 2017 celebrouse a primeira reunión da subcomisión da mesa sectorial do persoal funcionario e laboral, subcomisión na que a DXFP facilitou a proposta de Decreto da Oferta de Emprego Público do ano 2017.

ENSAIO

Vidas culpábeis. O controlo neoliberal do crime

27 de novembro de 2017 | Borxa Colmenero, doutor en dereito e investigador da Universidade da Coruña no grupo ECRIM (Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza penal no século XXI), ven de presentar o seu libro "Vidas culpábeis. O controlo neoliberal do crime" no Centro Social Autoxestionado A Comuna. Deseguido reproducimos unha entrevista publicada en Sernos Galiza, que xira arredor da súa obra.

Plataforma en defensa do Tren A Coruña – As Mariñas

Viaxe reivindicativa a Ferrol

27 de novembro de 2017 | Polo Tren de Proximidade: Viaxe reivindicativa desde Coruña até Ferrol, para defender o tren e a mellora da liña, o sábado 2 de decembro, ás 12 do mediodía na Estación de Ferrol, para recibir á Plataforma da Coruña

Sanidade Pública

A oferta pública de emprego na Sanidade galega é “a peor de España”

27 de novembro de 2017 | A Asociación de Médicos Interinos de Galicia critica que o país "ocupa a peor posición no que se refire á relación habitantes/prazas".

Ecoloxía

Ecoloxistas e animalistas piden á Xunta prohibir a caza durante tres anos polos incendios e a seca

27 de novembro de 2017 | Diversos grupos animalistas, ecoloxistas e sociais pediron este venres á Xunta que "se cumpra a lei de caza en Galicia" e prohíbase durante tres anos a actividade cinexética na Comunidade debido aos incendios e a seca..

Oficina de Dereitos Sociais Coia

Luces (de Nadal) e sombras (de miseria)

27 de novembro de 2017 | Na escuridade non somos quen de ver, ou cando menos de facelo con claridade. Ocorre o mesmo cando hai exceso de luz. Dous fenómenos opostos que producen o mesmo: incapacidade ou dificultade para ver.

Oficina de Dereitos Sociais Coia

Charla de Isa Álvarez: Consumo consciente e transformación social desde a soberanía alimentaria

27 de novembro de 2017 | Este xoves estivo en Vigo unha compa de Baladre: Isa Álvarez. Da man da campaña Impórtanos! Isa falou sobre consumo, soberanía alimentaria, agroecoloxía.

Pensións

A pensión galega é 15% inferior á media española

27 de novembro de 2017 | A pensión media en Galiza situouse en 782,6 euros ao mes, o que supón un incremento de 2% a respecto do mesmo mes do ano anterior, segundo os datos difundidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS). Porén, a pensión media en Galiza continúa moi por baixo da pensión media española, que é de 926 euros mensuais. Son 143 euros de diferenza.

Cambio Climático

Científicos da USC únense á alerta mundial sobre destrución ambiental e cambio climático

27 de novembro de 2017 | Hai 25 anos, a asociación norteamericana Union of Concerned Scientists e máis de 1.500 científicos independentes escribiron 'A Advertencia dos Científicos do Mundo á Humanidade', na que reclamaban "un gran cambio na forma de coidar a Terra e a vida sobre ela" se quería evitarse unha "enorme miseria humana".

Violencia machista

A violencia machista, "máis presente" e "menos denunciada" no rural

27 de novembro de 2017 | Unha enquisa realizada a máis de 1.900 galegos revela que a pesar de que as situacións de violencia de xénero "prodúcense en toda a poboación, independentemente do lugar de residencia", estas percíbense como "máis frecuentes" e son "menos atendidas, visibilizadas e denunciadas" no ámbito rural, onde "a información facilitada é insuficiente" e "non se coñecen as campañas emprendidas", tal e como sinalou a presidenta de Fademur, Rosa Arcos Caamaño.

25 de novembro. Contra a violencia machista

Tí, agressor machista és um terrorista!

27 de novembro de 2017 | Mais um ano, sairemos às ruas o 25 de novembro e fazemo-lo porque as violências machistas seguem presentes no nosso dia a dia.

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

A Mesa viaxou a Euskal Herria para reunirse con entidades que traballan a prol da normalización lingüística

27 de novembro de 2017 | A Mesa pola Normalización Lingüística realizou unha visita de tres días a Euskal Herria para manter diversos encontros de traballo con asociacións e colectivos en defensa e promoción do euskera. A delegación da Mesa estivo formada polo seu presidente, Marcos Maceira, e pola secretaria xeral da Mesa, Mónica Pazos.

Xunta de Galiza

O escándalo das subvencións de Feijóo á lingua galega en medios

27 de novembro de 2017 | 'La Voz de Galicia' e 'Faro de Vigo' levan máis dun millón de euros en subvención mentres que o resto da prensa dixital totalmente en galego apenas chega aos 3.000 euros polas condicións que esixe a Xunta de Galiza.

Represión

Boro, un xornalista ao cárcere por compartir tuits? (vídeo)

27 de novembro de 2017 | A Fiscalía pediu un ano e oito meses de cárcere, ademais de 12 anos de inhabilitación absoluta e dúas máis de liberdade vixiada, para Boro, xornalista de La Haine, no marco da Operación “Araña”.

Opinión - Rosa María Artal

Nin bots rusos, nin radicais de esquerda: o problema é a extrema dereita

27 de novembro de 2017 | Algo moi preocupante ocorre nas liberdades dun país cando morre o Fiscal Xeral do Estado e rende a inquietude por se algún tweet pode acabar co seu autor no xulgado. Posibilidade nada remota dado que a confirman algunhas autoridades políticas.

Videos