• Número 371
  • 13 de novembro de 2017

Universidade

Reunión da Xerencia-reitor coa Xunta de Persoal

Dase por feito que non haberá convocatorias neste ano. Os prazos establecidos non se cumprirán

O pasado día 9 de novembro realizouse unha reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia e reitor. O reitor presentou a Mª José Prol como reforzo da Xerencia dedicada exclusivamente a temas de persoal, en ausencia do xerente será a encargada da interlocución coa Xunta de Persoal. Unha vez feitas as presentacións pasamos á orde do día. Deseguido facemos un pequeno resumo do decurso da reunión.

1.    Oferta de Emprego Público dos anos 2015, 2016 e 2017

1.1. Información sobre o estado da Promoción interna 2016 (grupos C1 e A2)

María José sinala que fronte ás queixas recibidas pola demora dun dos tribunais, ten constancia de que o tribunal se está a reunir. Non todas as persoas que o compoñen son da UDC o que dificultou a convocatoria de reunións. Enténdese, desde a Xerencia, que o tribunal ten que ter liberdade de actuación.

Insistimos en que non se trata de facer ningunha inxerencia no desenvolvemento das tarefas propias do tribunal senón de requirirlle que proceda segundo prazos razoables. Sabemos, por outra parte, que non é imprescindible que ás reunións asista o 100% do tribunal para poder adoptar decisións.

Por último, o reitor, establece que a institución non vai facer nada ao respecto, se o quere facer a Xunta de Persoal que o faga.

1.2   Promoción interna 2017 convocatorias e temarios (xerais e específicos)

Transmítense:

Bases específicas conserxe C1

Bases específicas mantementos C1

Borrador bases xerais Premoción interna 2017

Temarios xerais comúns por subgrupos 2016

Nestes procesos dáse a circunstancia de que, esencialmente, as bases concordan coas da promoción en marcha. A Xunta de Persoal publicará a documentación recibida na súa páxina.

1.3   Prazas de acceso libre: Prazas da Escala técnica de Servizos (auxiliar de servizos, subgrupo E-AP) da OEP

O reitor non ve axeitado a negociación sobre este punto e sinala que é imposible o cambio de subgrupo (E-AP a C2) tal e como se solicitou. A Xunta de Persoal decide, ou ben se convocan adscritas como E-AP ou non se convocan.

Reiteramos que a posible comunicación e pacto coa Consellería estaría favorecido por varias circunstancias, por un lado o custo menor que as prazas da taxa de reposición, e por outro lado porque na taxa de reposición que se nos comunicou, ao contemplar só postos vacantes por xubilación, non contemplaban toda a taxa de reposición que deberían. En concreto para coñecemento xeral non se computaron:

137

Aux. servizos

excedencia

CUR

359

Xef neg atenc. e promoc. do estudan

Incapacidade permanente

Serv.   Estudantes

700

Bibliotecario/a

excedencia

Fac. Informática

O reitor manifesta que non ve axeitado entrar nesa dinámica coa Consellería.

2.    Concurso de méritos 2017

O tribunal reúnese dúas veces á semana e o proceso segue con normalidade.

3.    Posibilidades orzamentarias para a formación externa que poda xurdir no ano 2017

A Xunta de Persoal puxera este punto na Orde do día porque na Comisión de Formación obsérvase que este tipo de formación que se realiza durante todo o ano, incluso despois da programación que con carácter xeral se fai a comezo de ano, desorganiza a reserva orzamentaria.

Diante desta circunstancia a Xunta de Persoal requiriu que cada procedemento de formación externa estea acompañado do orzamento necesario para levalo a efecto.

Para este ano adóptase a solución de botar man do orzamento reservado para a formación destinada ás promocións dado que non se realizarán no decurso deste ano. Tamén, polo mesmo motivo, faise unha convocatoria extraordinaria de formación.

No medio de todo o debate destes puntos tamén se tratou sobre a situación da FUAC repetíndose as argumentacións institucionais no sentido de que toda as actuacións deste ente, agora totalmente público, son absolutamente legais. Pola nosa banda insistimos en que a xestión derivada á Fundación supón unha externalizción de labora que lle correspondería realizar á propia universidade e remarcamos a cesión ilegal de traballador@s que isto supón.

María José púxose a disposición da Xunta de Persoal para retomar as negociacións do plano de formación.