• Número 371
  • 13 de novembro de 2017

SINDICALISMO - CUT

Represión sindical en URBASER contra o compañeiro Berto Covelo

Alberto Covelo non está, nin estará só

A Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras (CUT) convocou este 10 de novembro a toda a veciñanza de Redondela , á concentración en repulsa e resposta contra  a REPRESIÓN SINDICAL, que exerce URBASER sobre os seus traballadores/as especialmente coa representación sindical.

Toda vez, que nos últimos anos os únicos sancionados sempre son os delegados sindicais, e toda vez que neste caso concreto o delegado actual Alberto Covelo,  esta suspendido de emprego e soldo por 10 días.  Feito que realmente, e no fondo,  ven dado da mala xestión empresarial e da nula vixilancia dos servizos públicos privatizados, pois  os traballadores/as enfróntanse todos os días a que a falta de medios, ou a diminución dos mesmos,  a organización ou desorganización empresarial,  impide o desenvolvemento normal da súa actividade. Algo que  finalmente deriva en non poder rematar seus traballos dentro da xornada asignada e vixente no convenio Colectivo.

Foi  a reivindicación  das condicións pactadas, o  que   rematou nesta  sanción ao noso delegado.  Acusando, iso si, doutra cousa, que nada ten que ver coa realidade obxectiva.

A todo este despropósito hai que sumarlle a gravidade que ten levar intentando negociar dende xaneiro un novo Convenio Colectivo  que dende a parte social non vemos vontade ningunha de chegar a  acordos. Recordamos aos veciños/as, e tamén aos partidos políticos que en realidade nunca os houbo sen conflito, dalgun tipo, feito que nos corrobora e nos enche de razón, pero que dalgún xeito debenos facder  reflexionar sobre a quen lle otorgamos as concesións.

O acto celebrouse fronte as oficinas da Empresa, Praza Ribadavia Redondela (A Farola), trasladandose  logo a Praza do Concello.

Reivindicarase dende  a unión da clase traballadora e popular,  fronte aos ataques gratuítos e prepotentes desta patronal con practicas do réxime pasado, patronal que  non gusta de sindicatos,  que non gusta de democracia e que trata así de amedrentar a toda a plantilla exercendo un castigo, inxusto e  desproporcionado contra un, para que cale en todos.

Mais ala, de traballar nesta Empresa, neste sector, ou en calquera outro a resposta ou  non resposta,  aféctanos a todos e todas, como traballadores/as, pero tamén como usuarios/as, pois o mal ambiente xerado repercute, non cabe, dúbida no servizo prestado.

Por iso berraremos contra a barbarie e contra a impunidade dunha Empresa pagada con cartos públicos. Os nosos cartos non deberían servir para ningunear, nin maltratar, nin precarizar as condicións dos  traballadores. 

Alberto Covelo non está, nin estará só.

A Paz social rematou!!!!!