• Número 371
  • 13 de novembro de 2017

Persoal interino

O Tribunal Supremo promove cuestión prexudicial ante o TXUE sobre a indemnización por cesamento do persoal interino

A Sala do social solicitará ao tribunal europeo que clarifique a súa sentenza do 14 de setembro de 2016

O Pleno da Sala Cuarta, do Social, do Tribunal Supremo formulou cuestión prexudicial ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) no chamado “caso De Diego Porras”.

O Tribunal Supremo solicita ao TXUE que clarifique a súa sentenza do 14 de setembro de 2016 sobre as consecuencias indemnizatorias da finalización de contrato de interinidade.

Arquivos asociados

TSSocial 25.10.17 (3970-16).pdf

Poder Judicial