• Número 371
  • 13 de novembro de 2017

Universidade

Reunión da Xerencia-reitor coa Xunta de Persoal

13 de novembro de 2017 | O pasado día 9 de novembro realizouse unha reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia e reitor. O reitor presentou a Mª José Prol como reforzo da Xerencia dedicada exclusivamente a temas de persoal, en ausencia do xerente será a encargada da interlocución coa Xunta de Persoal. Unha vez feitas as presentacións pasamos á orde do día. Deseguido facemos un pequeno resumo do decurso da reunión.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

13 de novembro de 2017 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

CUT - Sección Sindical da Consellería de Política Social

Situación do Comité de Empresa da Consellería de Política Social da Coruña

13 de novembro de 2017 | Despois das últimas eleccións sindicais conformouse un Comité de Empresa composto por 7 delegadas/os en representación da CIG, 6 delegadas/os en representación de CC.OO, 5 delegadas/os en representación da UGT, 4 delegadas/os en representación da CSI-CSIF e 1 delegada en representación de CUT.

OCU

OCU advirte do perigo da exposición ao gas radon e esixe medidas para solucionalo

13 de novembro de 2017 | O radón é un gas radioactivo que emana do subsolo e acumúlase no interior de recintos pechados, como as vivendas. Galicia, o sur e o oeste de Castela e León, o norte de Estremadura e a Comunidade de Madrid son as zonas máis afectadas por este gas tóxico. En España, o gas radón foi o responsable en 2014 da morte de entre 600 e 2.900 persoas, máis que as falecidas por accidentes de tráfico (1.126 nese mesmo ano)

SINDICALISMO - CUT

Represión sindical en URBASER contra o compañeiro Berto Covelo

13 de novembro de 2017 | A Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras (CUT) convocou este 10 de novembro a toda a veciñanza de Redondela , á concentración en repulsa e resposta contra a REPRESIÓN SINDICAL, que exerce URBASER sobre os seus traballadores/as especialmente coa representación sindical.

Persoal interino

O Tribunal Supremo promove cuestión prexudicial ante o TXUE sobre a indemnización por cesamento do persoal interino

13 de novembro de 2017 | O Pleno da Sala Cuarta, do Social, do Tribunal Supremo formulou cuestión prexudicial ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) no chamado “caso De Diego Porras”.

REMUNICIPALIZACIÓN

A batalla da auga en Ferrol

13 de novembro de 2017 | A auga e o sanaeamento non é un negocio, é un dereito humano - Unha auga potábel, limpa, e o saneamento, son esenciais para a realización de todos os dereitos humanos - Entregar a xestión do sistema de saneamento e depuración a quen é o seu único responsábel -a Xunta de Galicia, a través da empresa Augas de Galicia, até que se cre un sistema supramunicipal de xestión

Mobilizacións na xustiza

Os sindicatos do sector da Xustiza ameazan con ir á folga en decembro

13 de novembro de 2017 | Os sindicatos da Administración de Xustiza de Galicia están fartos de esperar a que a Xunta dea un paso atrás nos recortes realizados, e se recuperen as 106 prazas amortizadas e os soldos.

Sanidade Pública, mobilización

Chaman a unha gran protesta para a vindeira semana contra a privatización da sanidade

13 de novembro de 2017 | Denuncian a "gran cantidade de cartos que se derivan a centros concertados, en detrimento dos públicos, onde en moitas ocasións quen os dirixen son os mesmos que tiveron papeis relevantes no goberno". Concerto solidario en Viveiro a plol da sanidade pública.

Sanidade Pública, mobilización

Non á destrución da sanidade pública galega: 18 de novembro todas e todos a Compostela

13 de novembro de 2017 | O vindeiro domingo 19 tocaba celebrar a 30ª Marea Branca, pero nesta ocasión a cambiamos para o sábado 18, e decidimos que tiñamos que estar en Compostela xunto ás profesionais, usuarias e cidadanía en xeral de toda Galicia, para amosarlle a Feijoo o noso rexeitamento ante o destrozo que esta a provocar na nosa sanidade pública.

Oficina de dereitos sociais Coia

A Xunta incumpre o prazo para o pagamento das axudas para menores de 3 anos

13 de novembro de 2017 | Dámoslle pulo a un texto que nos chegou nestes días, no que varias familias galegas denuncian os atrasos no pagamento, por parte da Xunta de Galicia, das axudas para menores de 3 anos.

Verdegaia

Que facer cos bosques tralos incendios?

13 de novembro de 2017 | Publicamos aquí un interesante texto que recolle a posición e consellos de varias entidades especializadas na restauración de ecosistemas.

ADEGA

A Fiscalía denuncia no xulgado as graves irregularidades da mina de San Fins

13 de novembro de 2017 | O Fiscal de Medio Ambiente vén de trasladar ao xulgado as graves irregularidades atopadas na mina de San Fins, xa que "indiciariamente aparecen elementos que poideran significar a esistencia ou o risco indicado nos artigos 325 e ss." do Código Penal.

SECA

A Coruña súmase a Vigo e aplica medidas de aforro de auga pola seca

13 de novembro de 2017 | Aplicaranse restricións nos usos da auga en espazos públicos e a redución na medida do posible do consumo innecesario. O encoro de Cecebre atópase ao 39% da súa capacidade.

Sociedade Galega de Historia Natural

A SGHN atopa “deficiencias e contradicións” no proxecto da megamina

13 de novembro de 2017 | A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) vén de presentar as súas alegacións ao proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de avaliación de impacto ambiental da concesión de explotación San Rafael nº 2946 (O Pino e Touro). A agrupación científica asegura que existen "diversas deficiencias e contradicións do propio estudo".

Antifascismo

10 anos do asasinato de Carlos Palomino

13 de novembro de 2017 | 11 de novembro de 2007. O partido de ultradereita Democracia Nacional convoca unha manifestación de corte racista no barrio de Usera. O seu lema: ‘Contra o racismo antiespañol, contra a inmigración’. A Delegación de Goberno de Madrid permitiu a manifestación racista. Colectivos antifascistas convocaron un contramanifestación. Cara alí dirixiuse Carlos Palomino, un mozo antifascista de 16 anos.

STOP Desafiuzamentos

Tod@s deberiamos ser Isa

13 de novembro de 2017 | Hai persoas que te marcan pola súa forte personalidade, pola súa intelixencia, pola súa simpatía, pola súa honestidade. Pero as que se volven imprescindibles son aquelas que sobre todo, o que posúen é humanidade. É algo que escapa a unha sinxela definición. Para min sería esa capacidade de poñerse na pel do outro, do que sofre, pero non desde un punto intelectual ou de palabra. É vivirse nesoutro, ser o outro. Isa é así.

Lingua - A Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa solicita aplicar a ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña

13 de novembro de 2017 | A Mesa pola Normalización Lingüística pídelle á Deputación da Coruña que faga efectiva a ordenanza de uso da lingua galega que a propia institución aprobou o 15 de setembro de 2017.

Educación

Educación especulativa

13 de novembro de 2017 | O Plan de Educación Financeira acordado entre o Goberno, a CNMV e o Banco de España ensina valores neoliberais na escola pero esquece a economía social ou o cooperativismo.

Laboral

Radiografía da situación laboral en Galicia: menos salario e máis desigualdade laboral que en España

13 de novembro de 2017 | Un galego cobra entre 1.100 e case 2.300 euros menos ao ano de media que un español e máis de 5.000 euros menos que un europeo.

Opinión - Ekaitz Cancela

A radicalización das elites conservadoras, unha nova fase do neoliberalismo

13 de novembro de 2017 | O nacionalismo patrio que sobrevive como consecuencia da transición pacífica da ditadura á democracia non disimula que a soberanía estea fóra do control das elites políticas nacionais, nin nas propias elites catalás, e moito menos na vontade popular.

Videos