• Número 371
  • 13 de novembro de 2017

Universidade

As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos

Conciliación

Ola. Hai tempo que veño reivindicando que se adopten medidas que melloren a conciliación familiar e laboral. Sei que se presentaron propostas ao xerente pero, ou ben pola súa enfermidade ou porque despois de entregarlle as propostas considerastes que o traballo estaba feito, o certo é que levo meses agardando novidades sobre este asunto e todo está tan parado como co tribunal da escala xeral. Poñédevos as pilas, por este camiño eu xa non vou poder gozar de calquera medida que se poida acordar cando Xerencia e Xunta de Persoal vos acordedes de sacar este asunto doun caixón cheo de po e arañeiras.

Prevaricación

Lin as sentenzas das traballadoras da FUAC. Miles de euros tirados sen que o/os responsables dean conta de tamaño despilfarro. Xógase co diñeiro de todos como nos concellos e nas administracións que malgastan diñeiro público sen pudor. Creo que a reiteración dos feitos podería ser considerado como unha forma de prevaricación. Mirádeo.