• Número 370
  • 06 de novembro de 2017

Universidade

Resumo da reunión do Consello de Goberno do día 30/10/2017

06 de novembro de 2017 | Como vos anunciamos o pasado día 30 realizouse unha nova sesión do Consello de Goberno, como en todas as anteriores houbo momentos de tensión ao enfrontarnos ao equipo de goberno defendendo os intereses do colectivo.

Universidade

A FUAC un exemplo de externalización na UDC

06 de novembro de 2017 | Moitas veces achácanse aos sectores da dereita o afán de externalizar a Administración Pública coa finalidade sempre de que sirvan aos seus intereses económicos ou políticos. Na Universidade da Coruña, se ven é certo que esta dinámica se iniciou co goberno de Meilán, os sucesivos reitores con proxección pública de esquerdas seguiron coa mesma política, mesmo, como sucede co actual equipo de goberno, afondan aínda máis nestas políticas no sentido de derivar a xestión propia da institución a entes interpostos.

Universidade

Reunión Xerencia-Xunta de Persoal

06 de novembro de 2017 | O vindeiro día 9 teremos a primeira reunión da Xunta de Persoal con María José Prol. Deseguido publicamos a Orde do Día da convocatoria. Botamos en falta a documentación de cada un dos puntos a tratar, deste xeito a reunión preséntase como de toma de contacto.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

06 de novembro de 2017 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

Sentenza

Acumulación do tempo de traballo na xubilación parcial

06 de novembro de 2017 | A Universidade non acepta a acumulación de traballo nas xubilacións parciais. Unha sentenza do Tribunal Supremo ditamina que non só esa opción é lexítima, senón que establece a posibilidade da concentración plurianual da xornada de traballo pendente ata a data da xubilación nun único período ininterrompido. Esta circunstancia debería modificar a actuación da UDC neste contexto.

Secretaría de Mulleres da CUT

Solidariedade coas traballadoras de Bershka Pontevedra en folga

06 de novembro de 2017 | As traballadoras de Bershka, unha das marcas clave do imperio Inditex, da provincia de Pontevedra levan en folga dende hai seis días, é a primeira folga no mundo que se dá neste grupo empresarial. Demandan a igualdade de condicións laborais con respecto ás súas compañeiras do resto de Galiza. Dende a secretaría de Mulleres da CUT queremos facer chegar o noso apoio, solidariedade e máis sinceiros parabéns.

Conferencia Internacional VI Congreso da CUT

O marco actual da Unión Europea non é o marco da clase traballadora

06 de novembro de 2017 | O venres 27 comezabamos o noso VI Congreso coa celebración dunha Conferencia Internacional sobre as consecuencias da política da UE para a clase traballadora, baixo o epígrafe de “Sindicalismo de clase en Europa”.

SOLIDARIEDADE CON CATALUNYA

Sindicatos de clase de todo o estado solidarízanse co pobo catalán e piden a liberdade dos encarcerados

06 de novembro de 2017 | Organizacións sindicais de Euskal Herria, Galiza, Andalucía, Països Catalans, Canarias, Aragón, Baleares e Asturias esixen a liberdade dos ‘consellers’ e dos presidentes da ANC e de Òmnium Cultural.

Sexto Congreso Nacional

A CUT reivindícase como sindicato socio-político e de clase

06 de novembro de 2017 | A Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras (CUT) celebrou o sábado, día 28 de outubro, en Vigo o seu sexto Congreso Nacional. Preto de 250 homes e mulleres deste sindicato nacido en 1999, que se define como galego, combativo e de clase, reuníronse no Hotel Coia da cidade olívica baixo o lema Inverter a pirámide...

Sanidade Pública, mobilización

Non á destrución da sanidade pública galega

06 de novembro de 2017 | Un número considerable de movementos sociais, sindicatos e organizacións políticas convocamos o vindeiro día 18 de novembro unha manifestación nacional en defensa da sanidade pública.

Plataforma Remunicipalización

O lobby da auga gaña unha importante batalla

06 de novembro de 2017 | O Congreso dos Diputados aproba 'barra libre aos traficantes da auga' no trámite de trasposición ao ordenamento xurídico español, das directivas do Parlamento europeo e do Consello, 2014/23/ue e 2014/24/ue, de 26 de febreiro de 2014, á Lei de Contratos do Sector Público, modificando aspectos da lexislación, nas leis LGT e LHL, demandados polo lobby da auga.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

Anteproxecto de reforma da Lei Galega de Saúde

06 de novembro de 2017 | O anteproxecto de reforma da Lei Galega de Saúde: As Estruturas de Xestión Integrada (EOXIS), creadas polo goberno do PP, anularon as Xerencias de Atención Primaria - Os Centros de Saúde pasaron a depender das Xerencias Hospitalarias, o que supuxo unha enorme perda de poder e de recursos para o primeiro nivel asistencial, para os seus profesionais e usuarios

SINDICATO LABREGO GALEGO

As axudas pola seca constatan o desprezo da Xunta polo rural e condenan miles de granxas a unha ruína segura

06 de novembro de 2017 | O Sindicato Labrego Galego ofreceu hoxe, 3 de novembro, unha rolda de prensa en Ourense para valorar a orde publicada pola Xunta para paliar os danos da seca e explicar a dramática situación á que, pola falta de efectividade destas axudas, se terán que enfrontar miles de granxas na Galiza, especialmente na provincia de Ourense.

DEREITOS INDÍXENAS

Unha empresa privada de Honduras ordenou a morte de Berta Cáceres

06 de novembro de 2017 | As conclusións do informe do Grupo Internacional de Persoas Expertas (GAIPE), organizado en novembro de 2016 para apoiar a investigación do crime da activista hondureña Berta Cáceres, móstrannos ata onde poden chegar as clases dominantes na defensa dos seus intereses.

CAMBIO CLIMÁTICO

Catro efectos da seca que xa nos afectan no día a día

06 de novembro de 2017 | A falta de choivas do mes de outubro causou problemas aos gandeiros e agricultores. É un factor de risco para as persoas que sofren alerxias e afecta os prezos da luz e dos alimentos.

Economía social e solidaria

Consumo para a xente

06 de novembro de 2017 | Anos atrás, non hai tanto tempo, a economía social no país non era case nin un concepto. Houbo pioneiras, xente que con convicción e intuición foron creando diferentes proxectos que pouco a pouco conformaron o lugar sobre o cal se apoiaron moitas outras. Algunhas delas xa non nos acompañan, e outras son a base sólida e a referencia sobre as que se asentan os colectivos emerxentes.

DESEMPREGO - POBREZA - CRISE ESTAFA

Máis de 100.000 galegos non cobran nada de paro

06 de novembro de 2017 | Máis de 100.000 galeg@s non cobran nada por estar no paro. Unha cifra que, ademais, aumentou en setembro. Así, a cobertura total do sistema de protección por desemprego descendeu en setembro en Galicia ao 50,08% (fronte ao 52,77% de agosto) segundo os datos que publica este venres o Ministerio de Emprego e Seguridade Social..

Lingua

Dispoñible en liña a versión 3.0 do Corpus de Referencia do Galego Actual

06 de novembro de 2017 | A versión 3.0 do Corpus de Referencia do Galego Actual(CORGA) está xa dispoñible, sen necesidade de rexistro previo e de balde, para a súa consulta en liña. Contén 36,8 millóns de palabras, das que algo máis de 570.000 son formas diferentes.

Capitalismo

Austeridade para uns, opulencia para outros

06 de novembro de 2017 | Trala crise económica en 2007 iniciada en Estados Unidos e que se estendeu como pólvora por todo o planeta, varias institucións financeiras presionaron para que se impuxesen en diversos países políticas de austeridade que reducisen os programas sociais e diminuísen o poder adquisitivo dos poboadores.

Solidariedade obreira

Reavivemos a chama! Solidariedade cos folguistas procesados polo 29M

06 de novembro de 2017 | O 29 de marzo de 2012 as rúas de Barcelona viviron un día de folga xeral, das máis intensas e multitudinarias dos últimos anos. Viñamos do 15M e de mobilizacións de barrios e pobos cunha forte coordinación. O contexto social do momento era de tensión, dor e rabia permanentes debido aos ataques vividos e percibidos pola gran maioría da poboación.

Opinión - Economistas Sen Fronteiras

Medo ao mundo que se adiviña

06 de novembro de 2017 | É incuestionable que España está a empezar a recuperarse dunha maneira asombrosa, crecendo a nosa economía como desde facía tempo que non o facía, pero, ¿quen están a sacar proveito desta espectacular bonanza?

Videos