Xuñode 2010
 
 

28/06/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Valoración do proxecto de RPT de PAS Laboral

 

Cando se aprobaron os orzamentos para o ano 2010 eramos conscientes de que ía ser imposible acadar unha RPT razoable. Así volo fixemos saber no seu momento (nesta visión non coincidimos todos os sindicatos).

 

 

A pesar de que coñecíamos que a conclusión non ía ser a desexada sentámonos a negociar porque nos xogabamos moito na RPT.

 

Partiamos da obriga de confirmar, no documento, a Transitoria II, pero tamén queriamos eliminar o subemprego (ETT`s, Laboras), avanzar, cando menos, na profesionalización da xestión e racionalizar a RPT equilibrando os efectivos por grupo, categoría...

 

Así, ao remate, temos que concluír:

 

ASPECTOS POSITIVOS:

 

  1. Aplicación xeneralizada da Transitoria II. Todas as categorías profesionais do grupo 4B promocionan, mediante unha proba, ao grupo 4A (excepto a de vixiante que xa está declarada a extinguir) e todas as categorías profesionais do grupo 4A promocionan ao grupo III. Dáse, deste xeito, cumprimento ao que xa establecía o anterior Convenio Colectivo.
  2. Desaparecen os contratos tipo Labora nas aulas net. Isto obriga a reforzar o servizo de informática e a reestruturar as funcións dos técnicos especialistas de informática dos centros.
  3. Os laboratorios de algúns centros (Facultades e Escolas) incrementan a dotación. Laboratorios, ate agora, atendidos por docentes e bolseiros pasarán, cando menos, a ter algún PAS para a súa atención.

 

ASPECTOS NEGATIVOS:

  1. Houbo un baile de prazas impropio dunha negociación seria, borradores onde había prazas innegociables porque se consideraban “estratéxicas”, sen ningunha explicación mais ca do aforro desaparecen (praza do grupo I de normalización lingüística, praza de técnico grado medio de prevención der riscos). Variaron, tamén segundo a reunión que fose, os criterios de negociación.
  1. Non respecta os acordos cos que comezamos a negociar:
    1. Consolidación dos contratos por acumulación de tarefas (3+3), non se fai en INEF, Elviña 2 e Deportes.
    1. Desaparición das ETT’s e vixiantes en funcións de auxiliares de servizo (en múltiples lugares (CIT, CITEEC, CITIC, Casa do Patín…).
  1. Non só a profesionalización da xestión, prometida no programa electoral do Reitor e reivindicada desde o Comité de Empresa non ten viabilidade nesta RPT, senón que, un dos poucos postos que aparecían como correspondencia a esa estrutura piramidal que queriamos configurar no noso colectivo (Coordinador de deportes) desaparece.
  1. Nas conserxerías da Reitoría, da Fac. de Económicas e Elviña 1, postos de traballo contemplados en anteriores RPT’s móvense para outro lugar nun afán de aforro que, sen dúbida, redundará nunha peor realización das tarefas e dunha sobrecarga de traballo para os/as compañeiros/as que quedan no centro.
    • Unha praza da Reitoría e outra de Elviña 1 pasan á conserxería de Elviña 2
    • Unha praza da Facultade de Económicas pasa á Fac. de Socioloxía.
  1. Nin falamos de outras cousas tamén importantes (xornada laboral dos técnicos especialistas de laboratorio con quenda partida…).
  2. Como veredes, a continuación, seguen a crear máis prazas do grupo I ca do grupo II incidindo, deste xeito na falta de racionalización da plantilla.

 

Nas asembleas queda, polo tanto, poñer na balanza o positivo e negativo tomando, conxuntamente a decisión que corresponda.

 

PRAZAS DE NOVA CREACIÓN:

GRUPO

Nº DE PRAZAS

CATEGORÍA

UBICACIÓN

 

1

Técnico sup. de orientación

SAPE

1

Técnico sup. en actividades culturais

Cultura (xornada especial)

I

1

Técnico sup. medioambiente

Servizo de Arquitectura

 

1

Téc. sup.  xestión  científico-técnolóxica

SAI

1

Téc. sup. análise de augas

SAI

 

 

 

 

 

1

Técnico grado medio  de orientación

CUFIE

II

1

Técnico grado medio emprego

Observatorio Ocupacional

 

1

Técnico grado medio marketing

OTRI

1

Técnico grado medio en informática

Fac. Informática

 

 

 

 

 

8

Técnico especialista en informática

Serv. Informáticos (7) e INEF (1)

1

Técnico especialista actividades cultura.

Cultura

1

Téc. esp. en cooperación e voluntariado

OCV

1

Delineante

Servizo de Arquitectura

1

Técnico especialista de maquetas

ETSA

III

1

Técnico especialista (laboratorio)

EUAT

 

1

Técnico especialista (laboratorio)

ETS Camiños

1

Técnico especialista laboratorio

Fac. Ciencias

1

Téc. esp. en medios audiovisuais

Ciencias da Comunicación

1

Técnico especialista laboratorio

Enfermería

1

Técnico especialista laboratorio

ETS Náutica

1

Técnico especialista laboratorio

E.U. Politécnica

 

 

 

 

 

1

Técnico especialista de servizos

Conserxería Elviña 2

1

Técnico especialista de servizos

CUR

 

IVA

1

Técnico especialista de servizos

Conserxería Campus Esteiro (atención das tardes en Deseño, RRLL e Enfermería)

 

1

Técnico especialista de servizos

ETSA

1

Técnico especialista de servizos

Ciencias da Saúde

5

Técnico especialista de servizos

INEF

TOTAL

38

 

 

 

RECONVÍRTENSE AS PRAZAS (non computándose como de nova creación):

 

GRUPO ORIXE

GRUPO DESTINO

Nº DE PRAZAS

CATEGORÍA

UBICACIÓN

I

II

1

Técnico superior en teleformación pasa a ser de Técnico grado medio en informática

SIC

III

I

1

Técnico especialista en calidade pasa a ser Técnico Superior en Calidade

Unidade Técnica de Calidade

I

II

1

Coordinador de deportes pasa a Técnico grado medio en deportes

Deportes

 

Hai compromiso de:

 

  • Poñer denominación específica aos laboratorios (determinando as prazas de cada laboratorio polas que hoxe exercen esa labor).
  • Ubicar explicitamente as prazas do servizo de informática poñendo centros, áreas e lugar onde desenrolan as tarefas.
  • Efectuar os cambios de denominación nas áreas do servizo de informática que así o requiran.

 

En xeral o que se decide é sobre as prazas de nova creación, movementos orixinados pola estruturación das prazas xa en RPT (conserxerías), amortizacións de prazas… quedando, no caso de ser aprobada esta proposta, para posteriores xuntanzas eses outros aspectos non contemplados no proxecto de RPT.

 

Ver, descargar, este documento en pdf

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript