28/06/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Nestes últimos días fixéronse moitos chistes sobre a afiliación sindical do PP. Por si había algunha dúbida o líder do PP español deixa claro que el liberarizaría aínda máis o mercado laboral.
O Partido Popular español
optou nos últimos meses por unha política de
desgaste contra o goberno sen ensinar ás claras
as súas alternativas en materia económica.
Porén, este venres, o seu líder, Mariano Rajoy,
comezou a debullar algunhas das medidas que
tomaría se estivese no poder.
Rajoy avogou por unha reforma laboral que vaia
máis aló da aprobada recentemente polo Consello
de Ministros. Para a dereita española é preciso
revisar conceptos como o da negociación
colectiva e restrinxila a acordos dentro do
marco da propia empresa.
O PP considera que urxe unha regulamentación
“clara e sinxela” en materia laboral para que a
extinción de contratos sexa menos complicada
para o empresario e onde a presenza da
autoridade xudicial se reduza:”que a xente non
teña que estar seguido nos tribunais”.
Menos impostos para as socidedades e ningún
aos bancos
Ademais dunha reforma laboral máis radical,
Rajoy defende rebaixas no imposto de sociedades
das pequenas e medianas empresas, no IVE no
sector turístico e no IRPF dos traballadores
autónomos. Ademais subliña que non é partidario
de crear ningún novo imposto ás entidades
financeiras.
Formación a parados
O PP semella achegarse nalgunhas propostas a
CiU. Ao igual que os nacionalistas cataláns, os
populares subliñan que un dos principais
problemas co que se atopan os desempregados e a
falta de formación. A semana pasada, o deputado
Durán i Lleida avogara pola necesidade de
vincular o subsidio do paro á obrigatoriedade
de formarse
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript