28/06/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O salario medio das galegas alcanzou no ano 2008 os 16.646,42 euros, fronte aos 21.105,6 euros da retribución media percibida polos homes, o que supón que a brecha salarial entre homes e mulleres alcanzou un 21 por cento.
Segundo a
Enquisa Anual de Estrutura Salarial do Instituto Nacional de
Estatística (INE), as retribucións anuais das mulleres
representaron en 2008 o 78,9 por cento da ganancia media
anual masculina, unha porcentaxe superior ao cociente
estatal, cifrada en 78,1 por cento.
O salario bruto anual en Galiza alcanzou en 2008 os
19.156,41 euros, de forma que se situou como a cuarta
comunidade cos soldos brutos anuais máis baixos, ao superar
só a media salarial de Estremadura, con 18.264,90 euros;
Canarias, con 18.466,99 euros; e Murcia, con 18.911,75
euros.
A ganancia media anual en todo o país por traballador foi de
21.883,42 euros o ano referido, o que supón un incremento do
7,3 por cento respecto de 2007, e o salario máis frecuente
ascendeu a 15.500 euros.
Por comunidades autónomas, os salarios máis elevados
corresponderon en
Seguen a Galiza en canto aos salarios brutos anuais, Castela-A
Mancha (19.736,3 euros), Comunidade Valenciana (19.793,6
euros) e Andalucía (20.138,5 euros).
Datos estatais
A nivel estatal, o soldo medio anual das mulleres é un 21,8
por cento inferior ao dos homes, xa que mentres as primeiras
se embolsan anualmente 18.910,62 euros, os segundos gañan
24.203,33 euros ao ano.
Así, a ganancia media anual feminina representou o 78,1 por
cento da masculina en 2008, unha diferenza que, con todo, se
reduce se se consideran situacións similares respecto de
variábeis tales como tipo de contrato, de xornada, ocupación
e antigüidade.
O INE subliña que a desigualdade salarial é apreciábel se se
ten en conta ademais que o 8,1 por cento das mulleres tiñan
ingresos salariais menores ou iguais que o Salario Mínimo
Interprofesional (SMI) en 2007, mentres que só o 2,9 por
cento dos homes se atopaba nese intervalo.
Tomando en consideración salarios máis elevados, o 20,6 por
cento dos homes presentaron uns ingresos cinco veces
superiores ao SMI, fronte ao 12,1 por cento das mulleres.
En case todas as comunidades autónomas, o salario medio das
mulleres foi entre un 20 por cento e un 30 por cento
inferior á ganancia media dos homes. As maiores diverxencias
de ganancias entre ambos os sexos producíronse en Asturias e
Aragón.
Analizando as diferenzas salariais para cada actividade
económica, as mulleres tiveron un salario inferior ao dos
homes en todas elas, sendo a educación a actividade na que
as diferenzas son menos acentuadas.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript