• Número 369
  • 30 de outubro de 2017

UNIVERSIDADE

Día 30 de outubro, novo Consello de Goberno

30 de outubro de 2017 | Este luns, día 30, realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno. Nesta reunión, na que non atopamos información sobre o Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento de accións de I+D+i -- reforzo de capital humano para servizos xerais, algunhas convocatorias das categorías Técnico administrativo (1) (2)e de Técnico de apoio á investigación (1) para o CICA.

Universidade - Asemblea Aberta Unitaria Coruña

Acto contra a visita de Núñez Feijóo á UDC

30 de outubro de 2017 | As estudantes da Asemblea Aberta Unitaria da Coruña puxéronse en contacto co noso sindicato para comunicarnos que o vindeiro día 31 levarán a cabo un acto reivindicativo unitario en contra da presenza do presidente na Universidade, para mostrarlle a repulsa ás súas políticas, tanto as que afectan directamente ao ensino como as que veñen precarizando a situación da Galiza nos últimos anos.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

30 de outubro de 2017 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

Universidade de Compostela

Referendo de funcionarización do PAS laboral. Resultados definitivos

30 de outubro de 2017 | Comunicámosvos que os resultados que no PASquín anterior vos adiantamos como provisionais xa son oficialmente definitivos. O Comité Intercentros emitiu un comunicado no que se reflicten os resultados das votacións realizadas, nel establécese que “O Acordo de funcionarización queda rexeitado por unha abrumadora maioría do PAS laboral”.

CUT

VI Congreso Nacional. Conferencia Internacional Sindical

30 de outubro de 2017 | O pasado día 27, un día antes da celebración do VI Congreso do noso sindicato, realizamos a Conferencia Internacional Sindical de CUT. Unha conferencia na que participaron as delegación dos sindicatos irmáns presentes no proceso congresual. O encontro centrouse, non podía ser doutro xeito, na solidariedade con Catalunya, no dereito a decidir e contra o fascismo. Deseguido reproducimos a intervención de Óscar Reina do Sindicato Andaluz de Traballadores/as.

TRIBUNAL SUPREMO

Novo criterio en canto á indemnización nos casos de extinción dos contratos do persoal laboral indefinido non fixo cando se produce por cobertura regulamentaria da praza

30 de outubro de 2017 | O TS establece un novo criterio en canto á indemnización que procede nos casos de extinción dos contratos do persoal laboral indefinido non fixo, cando a mesma prodúcese por cobertura regulamentaria da praza.

O GOLPE DE ESTADO DO 155

O Comité Intercentros da CRTVG condena a intervención da Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals

30 de outubro de 2017 | O Comité Intercentros da Corporación de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) manifesta publicamente a súa solidariedade coas compañeiras e compañeiros da Corporación Catalana de Mitjans Audiovisuals (CCMA), TV3 e Catalunya Ràdio, que veñen de expoñer o seu rexeitamento á toma de control por parte do Goberno do estado dos medios de comunicación públicos cataláns coa aplicación do artigo 155 da Constitución española.

LOITA OBREIRA

@s traballador@s das auxiliares do naval deciden a suspensión provisional da folga

30 de outubro de 2017 | Despois de 22 días de folga total, @s traballador@s das empresas auxiliares que traballan nos dous estaleiros de Navantia na ría de Ferrol decidiron suspender temporalmente a folga indefinida iniciada o pasado 5 de outubro.

ECONOMÍA

Zara non é unha marca española: a armazón fiscal de Amancio Ortega

30 de outubro de 2017 | Por todos é ben coñecido o éxito de Inditex e do seu fundador e accionista maioritario, Amancio Ortega. A empresa téxtil española, con preto de 7.300 tendas e 162.000 empregados en 93 países, dona de marcas como Zara, Bershka ou Massimo Dutti, converteuse na maior xigante da venda de roupa.

Represión - Crime de Estado

Así foi a concentración en memoria de Santiago Maldonado

30 de outubro de 2017 | O día 25 de outubro asistimos á concentración en solidariedade coa familia e compañeirxs de Maldonado e co pobo mapuche que se convocou dende Acción Antifascista Coruña na Torre de Hércules.

MALGASTO

Feijóo pagou 77.000 euros de diñeiro público por publicidade a dedo en varios xornais coa súa declaración institucional sobre os incendios

30 de outubro de 2017 | • Trátase de trece contratos asignados a dedo con editoras de xornais impresos e cunha empresa de comunicación para a "maquetación e deseño" do anuncio. Estes acordos foron publicados na web de contratación da Xunta, aínda que serán borrados nunha semana en aplicación do protocolo de transparencia do Goberno galego.

Oficina de Dereitos Sociais_Coia

SEPE: os obxectivos da “policía do diñeiro”

30 de outubro de 2017 | “Cultura de servizo á cidadanía: o SEPE traballa por e para a sociedade. A vocación de servizo público das persoas da organización fai que o nivel de satisfacción aumente con cada usuario satisfeito. Toda a actividade do organismo debese centrar en investigar as necesidades dos seus clientes e orientar o traballo a satisfacelas do xeito máis eficaz”.

UNIVERSIDADES

O Goberno recoñece que o persoal da Universidade española reduciuse en máis de 6.500 persoas desde o curso 2011-2012

30 de outubro de 2017 | O persoal da Universidade española reduciuse un total de 6.752 persoas, entre docentes, investigadores e persoal de administración, desde o curso 2011-2012, tal e como recoñece o Goberno en resposta a unha pregunta parlamentaria realizada polo deputado do PSOE Miguel Ángel Heredia.

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

O SERGAS elimina o galego nas súas enquisas

30 de outubro de 2017 | A Mesa denuncia que se está a excluír a lingua galega de xeito sistemático no traballo diario

Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara

"A loita do pobo saharauí continúa, aínda que non teña repercusión mediática"

30 de outubro de 2017 | Baixo o lema "Esixamos á ONU que impoña a Marrocos as Resolucións internacionais e o respecto aos DDHH. Referendo no Sahara XA", a Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sahara (CEAS Sahara) convocou unha manifestación en Madrid para o vindeiro sábado 11 de novembro.

Represión

A Insurxencia: “Non imos aceptar outra cousa que non sexa a absolución”

30 de outubro de 2017 | “Nos últimos dous anos A Insurxencia denunciamos precisamente que en España se censura e perséguese á xente polas súas ideas, e precisamente isto confirma o que diciamos nas nosas letras”, sinala ao Salto Saúl Zaitsev, un do trece novos, integrantes do colectivo de rap A Insurxencia, imputados por enaltecemento do terrorismo.

OPINIÓN - Javier Pérez de Albéniz

Plena e abrumadoramente corruptos

30 de outubro de 2017 | “España é un Estado de Dereito e aquí a Lei cómprese”, dixo o presidente do Goberno Mariano Rajoy no transcurso da Xunta Directiva Nacional do Partido Popular que se celebrou o pasado día 4 de setembro. E fíxoo todo digno, sen ruborizarse, sen que se lle escapase unha gargallada. Pero sen poder evitar que lle parpadease un par de veces de maneira sincopada ese delator ollo esquerdo.

Videos