• Número 368
  • 23 de outubro de 2017

Universidade

María José Prol designada polo reitor para as relacións coa Xunta de Persoal

23 de outubro de 2017 | Na reunión que a Xunta de Persoal realizou o pasado 11 de setembro, transmitímoslle ao reitor que era imprescindible e urxente que o órgano de representación do persoal, tivese unha interlocución fluída coa universidade para dar saída á a situación de parálise institucional que se estaba a producir nos asuntos relacionados co Persoal de Administración e Servizos, debido á enfermidade do xerente. Naquel momento, a proposta que lle trasladamos foi que o mesmo reitor realizase esa función (temos a constancia de que habitualmente é el o que toma as decisións). Nesa reunión, despois de que o reitor rexeitase a posibilidade indicada, díxonos que estaba en marcha o nomeamento dunha persoa que realizaría esa función.

Universidade

Actuacións no edificio das Facultades de Socioloxía e Ciencias da Comunicación

23 de outubro de 2017 | A universidade ven de emitir un comunicado no que sinala que “Dentro do Plan de prevención de saúde na UDC que a Universidade ten desde 2013, esta mañá presentáronse unha serie de medidas preventivas de radon que se están a realizar no edificio da Facultade de Socioloxía”.

Universidade

As centrais maioritarias a nivel do Estado, asinan o Plan de Estabilidade coa Xunta de Galiza

23 de outubro de 2017 | Os sindicatos que en marzo de 2017 asinaron o “Acuerdo para la mejora del empleo público” veñen de asinar a súa correspondente transposición á Administración Pública de Galiza, neste caso denominárono “Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CCOO, CSIF e UGT para o desenvolvemento dun plan de estabilidade no emprego dos servizos

Universidade

Calendario laboral 2018, dous días máis de asuntos particulares

23 de outubro de 2017 | No PASquín da pasada semana publicamos o calendario laboral de 2018. Recibimos unha gran cantidade de chamadas e preguntas sobre si os días festivos que coinciden en sábado se trasladarían a días adicionais de asuntos particulares.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

23 de outubro de 2017 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

Xunta de Galiza

Os orzamentos de 2018 chegan ao Parlamento de Galiza

23 de outubro de 2017 | O Consello da Xunta do día 19 de outubro aprobou o Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018. O proxecto, con rexistro de entrada no Parlamento o día 20, para comezar a súa tramitación, reflicte os acordos acadados cos sindicatos estatais a nivel de emprego e consagra, un ano máis o incremento da perda de poder adquisitivo ao contemplar a conxelación salarial para o ano 2018.

PAS Universidade Compostela

PAS laboral. Funcionarización

23 de outubro de 2017 | Como vos anunciamos no PASquín anterior, o día 19 realizáronse as votacións nos colectivos de PAS laboral e funcionario da USC para decidir si se aceptaba ou rexeitaba o acordo de funcionarización subscrito entre a Xerencia e a maioría da Mesa Xeral de Negociación. Segundo a comunicación que nos chegou, o resultado é ben distinto segundo do sector do que falemos.

Sindicato Labrego Galego

O SLG acusa a Medio Rural de neglixencias directas que favoreceron a vaga de lumes catastrófica que asola Galiza

23 de outubro de 2017 | O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa consternación e dó pola vaga de lumes que está a asolar Galiza e que arrasa milleiros de hectáreas e que provocou a morte de catro persoas. Dende o SLG, a nosa solidariedade cos miles de cidadáns e cidadás que, en maior ou menor grao, están a sufrir o impacto desta situación catastrófica.

LUMES NUNCA MÁIS

As verdades e as mentiras da actuación dos servizos de emerxencia do domingo negro dos lumes

23 de outubro de 2017 | Non houbo máis de 5.000 efectivos, como asegura a Xunta, senón pouco máis de 400, e a súa coordinación foi persoal a base de whatsapps, sen a intervención dun mando coordinado. O vento puido ter provocado numerosos focos, mesmo a 300 metros de distancia.

CUT

E a culpa do lume de quen é?

23 de outubro de 2017 | Arde Galiza ao tempo que o goberno mira cara outro lado. O reducionismo intelectual, aderezado polos medios de comunicación públicos (CRTVG) e “concertados” (Faro de Vigo, La Voz, Grupo Prisa…), leva a dúas conclusións dogmáticas: a primeira que a causa orixinal do lume débese ao carácter psicolóxico de individuos malhumorados, a segunda é que Portugal non utiliza medio algún para evitar o salto de faísca polo Miño.

Opinión - Maruxa Gestoso Álvarez

Lumes... Nunca Máis!

23 de outubro de 2017 | Por mor dos incendios en Galicia, a autora lembra o afundimento do Prestige o 2002 e como a terra galega tamén ardeu o 2006. Como denominador común: a mensaxe contundente Nunca Máis! que agora volve resoar.

CAMBIO CLIMÁTICO

O Estado Español encamíñase cara á seca extrema

23 de outubro de 2017 | O Estado Español encamíñase a unha situación de seca extrema se non chove este outono. As reservas hidráulicas do país atópanse ao 38,9% da súa capacidade total, segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (...).

AMNISTÍA INTERNACIONAL

Beltrán (AI): "Aproveitando o caso de 'los Jordis' hai que revisar o delito de sedición"

23 de outubro de 2017 | Os dous homes crave da sociedade civil para ‘o procés’ acabaron entre reixas, polo menos de momento. O auto da xuíza de Audiencia Nacional Carmen Lamela esgrimiu os argumentos para acusar de sedición e enviar de maneira provisional a prisión a os presidentes de ANC e Òmnium Cultural, Jordi Sànchez e Jordi Cuixart. Partidos como Podemos e o PSC, non así o PSOE, criticaron a decisión xudicial e o mércores unhas 200.000 persoas gritaban nas rúas de Barcelona ‘presos polítics, llibertad’.

LOITA SOCIAL

Denuncian a entrega á UE dos "premios da vergUEnza"

23 de outubro de 2017 | Iruñea Cidade de Acollida, mediante unha performance, quere denunciar a entrega do Premio á Concordia Princesa de Asturias á Unión Europa, "que está a permitir e promovendo un xenocidio ás súas portas" pola situación dos e das miles de refuxiadas que foxen dos seus países por causa da guerra ou a miseria.

STOP DESAFIUZAMENTOS

FACUA alerta do alto número de desafiuzamentos en España durante o segundo trimestre de 2017: 185 ao día

23 de outubro de 2017 | A asociación esixe un parque público de vivendas de aluguer para persoas con escasos recursos e medidas que garantan o realoxo e impidan aos bancos manter un parque de casas baleiras sen xustificación.

POBREZA - EXCLUSIÓN SOCIAL

Cataluña non é o meu problema

23 de outubro de 2017 | • «Cataluña non é o meu principal problema, aínda que tenten convencerme diso o Goberno e os seus aliados. Os meus problemas están moito máis preto, ao virar a esquina». «Considero máis importantes os problemas de alimentación, de saúde e de vivenda, que os problemas de identidade, de bandeiras ou de fronteiras». «A pobreza e a exclusión social sepárannos máis que as fronteiras e as bandeiras. Déixannos máis ignorantes e indefensos. Afástannos dun futuro digno».

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

“Ambuibérica pretende traballar en Galiza discriminando a quen usa o galego”, denuncia A Mesa

23 de outubro de 2017 | Impide aos traballadores facer a comunicación coa empresa en lingua galega, segundo afirrma a entidade

AUDIOVISUAIS

“Matar al Che” un documental recente de visión imprescindible

23 de outubro de 2017 | O 18 de agosto de 1961 ás 11.30 da mañá logo de oito anos de ausencia, o Che Guevara pisa chan Arxentino, para asistir a unha reunión secreta co presidente Arturo Frondizi. O Che pon a súa vida en risco durante esta breve estancia no seu país natal.

Dereitos transexuais

Os colectivos trans esixen deixar de ser considerados enfermos mentais

23 de outubro de 2017 | Organizacións polos dereitos das persoas transexuais demandan unha lei estatal despatoloxizadora que lles permita acceder aos tratamentos de cambio de sexo sen ter que ser diagnosticados.

monte galego - Marcos Pérez Pena

Unha ducia de bos exemplos de xestión do monte

23 de outubro de 2017 | Nestes días nos que é tempo de analizar as causas dos incendios que arrasan Galicia, escóitanse as voces que denuncian o abandono do rural e o monocultivo do eucalipto. E que reclaman un aproveitamento multifuncional do territorio, a aposta por outros usos para o monte. Montes ben xestionados, que xeren valor para as comunidades locais."

Videos