• Número 366
  • 09 de outubro de 2017

Alternativas na Xustiza - CUT

Unidade de acción na xustiza

A unidade de acción, o camiño para lograr os obxectivos

O pasado día 3 de outubro, todos os sindicatos en UNIDADE DE ACCIÓN (SPJ-USO, AXG-CUT, UXT, CSIF, STAJ, CIG, CCOO) presentamos o escrito que consta a continuación, esixindo convocatoria de mesa sectorial presidida polo Conselleiro de Xustiza para acabar coa discriminación dos traballadores e traballadoras da Xustiza de Galiza.

Sr. DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA DE GALICIA
Praza de Europa nº5-A 4º Andar
Santiago de Compostela.

 

Ao longo destes últimos anos os traballadores da Administración de xustiza de Galicia fomos reiteradamente discriminados e enganados con respecto aos traballadores das CC.AA con transferencias en Xustiza e o propio Ministerio:

·         Durante o período 2013-2016 fomos os “únicos funcionarios” de Xustiza de todo o estado aos que saquearon o CAT (Complemento Transitorio). As Cantidades que aparecen na táboa falan por si soas:

2013-2016

MÉDICOS FORENSES

XESTORES

TRAMITADORES

AUXILIOS

TOTAIS

10.000€

5.000€

3.880€

3.440€

·         Con respecto a este mesmo CAT e durante o mesmo período, os traballadores galegos como consecuencia de ter o terceiro CAT máis baixo de todo o estado, utilizando a media de todos os territorios, perdemos as seguintes cantidades:

CATEGORÍA

Meses

TOTAL

XESTIÓN

48

6.288€

TRAMITACIÓN

48

4.128€

AUXILIO

48

3.312€

·         Non menos importante é a “discriminación sanitaria” entre os Maxistrados Fiscais con respecto aos Xestores. Tramitadores. Auxilios Xudiciais e Médicos Forenses.

·         Nestes mesmos 4 anos a Dirección Xeral de Xustiza impuxo unha “amortización” de 106 prazas en xulgados do contencioso, de Paz, de Familia e Audiencias Provinciais.

·         Fronte ao que pasa na maioría das CC.AA. en Galicia os traballadores que cobren un posto en Substitución Vertical non cobran o 100% das retribucións do posto que ocupan.

·         A Dirección Xeral  de Xustiza comprometeuse a consolidar todas aquelas prazas de reforzo que levasen + de 3 anos. E a triste realidade é que nin sequera entregou a relación dos reforzos que existen e a data de aprobación do mesmo.

Por todo o antes exposto SPJ-USO, AXG-CUT, UXT, CSIF, STAJ, CIG, CCOO esiximos a convocatoria da Mesa Sectorial de Xustiza presidida polo Conselleiro de Xustiza e Vicepresidente da Xunta de Galicia para tratar todos estes asuntos e así acabar coa discriminación dos traballadores galegos da Xustiza.

En Galicia a 03 de outubro de 2017

En representación de SPJ-USO, AXG-CUT, UXT, CSIF, STAJ, CIG, CCOO

NON Á DISCRIMINACIÓN