• Número 366
  • 09 de outubro de 2017

Desemprego

O paro sobe en 2.932 persoas en setembro en Galiza, un 1,62% máis

Para os gobernos non existimos, as súas políticas diríxense a incrementar o enriquecemento de empresas e empresarios

Mentres que aos políticos se lles enche a boca lanzando continuas mensaxes gabándose da recuperación económica, a clase obreira sofre na súa pel os efectos dun mercado laboral cada vez máis precarizado e estacional, poñendo de relevo, unha vez máis, a quen benefician as políticas gobernamentais pois si ben é certo que a economía, as empresas e empresarios superan os niveis de beneficios anteriores á crise, toda esta bonanza e a costa do sufrimento, cada vez maior, das traballadoras e traballadores.

Mesmo Feijoo no debate da autonomía realizado estes días pasados, debuxou unha situación marabillosa, un país inexistente porque para el non existimos.

Para as traballadoras e traballadores as cifras oficiais de emprego non poden ser peores. O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en setembro en 2.932 persoas en Galicia en comparación co mes anterior, o que supón un incremento do 1,62%, ata situar o total de desempregad@s en 184.057.

Os fogares galegos con dificultades para chegar a final de mes xa superan o 51%