• Número 366
  • 09 de outubro de 2017

Universidade

Concurso de méritos. Recurso

A actuación discrecional e interesada da Reitoría abriga a presentar recurso contencioso

Como vos informamos en anteriores boletíns, o recurso que interpuxemos CCOO e APA para que o concurso de traslados contemple todas as vacantes está en marcha, corren os prazos. A universidade publicou na súa páxina web o anuncio para que todas as “persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no Xulgado Contencioso-Administrativo Nº 2 da Coruña como demandadas”.

Como tamén vos sinalamos reiteradamente o interpuxemos o recurso para a modificación anexo I que inclúa as prazas vacantes das áreas e unidades do Servizo común de Informática.

Cremos que diante deste anuncio corresponde que saibades quen son ou que se entende por “persoas interesadas”.

Quen ten a condición de interesados no procedemento administrativo?

O artigo 31.1 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRJAP en diante) recolle quen se consideran interesados nun determinado procedemento administrativo,

“1. Considéranse interesados no procedemento administrativoo:

-        Quen o promovan como titulares de dereitos ou intereses lexítimos individuais ou colectivos.

-        Os que, sen iniciar o procedemento, teñan dereitos que poidan resultar afectados pola decisión que no mesmo se adopte.

-        Aqueles cuxos intereses lexítimos, individuais ou colectivos, poidan resultar afectados pola resolución e se personen no procedemento en tanto non recaese resolución definitiva”

A condición de interesado a que se refire o apartado A): “Quen o promovan como titulares de dereitos ou intereses”/i> fai referencia a procedementos iniciados a instancia de parte, a solicitude do propio interesado, solicitude que debe cumprir co sinalado no artigo 70 da LRJAP.

A condición de interesado a que se refire o apartado B) “Teñan dereitos”/i> pode facer referencia tanto a procedementos iniciados a instancia de parte (dun terceiro) como a procedementos iniciados de oficio. Neste caso, non se fai necesario a personación no procedemento administrativo para ostentar a dicir condición.  Desta maneira, a calquera persoa débeselle  notificar aquel acto que afecte os seus dereitos. En caso contrario o devandito acto podería incorrer en anulabilidade (indefensión do interesado, artigo 63.2 da LRJAP).

A condición de interesado a que se refire o apartado C) “Teñan intereses lexítimos”/i> pode facer referencia tanto a procedementos iniciados a instancia de parte (dun terceiro) como a procedemento iniciados de oficio. Neste caso, faise necesario a personación no procedemento administrativo, antes de que recaia resolución definitiva, para ostentar a dicir condición.

Agardamos que este artigo aclare as vosas posibles dúbidas, de non ser así estamos á  vosa disposición para intentalo cando menos.