• Número 366
  • 09 de outubro de 2017

PAS Universidade Compostela

Asembleas e referendo de funcionarización

A división no seo do Comité Intercentros propiciará, sen dúbida, o debate en profundicade do proxecto de funcionarización

O Comité Intercentros da Universidade de Compostela ven de convocar asembleas informativas en tódolos campus para debater sobre o acordo de funcionarización alcanzado entre a representación d@s traballador@s e a institución.

As asembleas levaranse a efecto entre o 3 e o 9 de outubro, para posteriormente realizar, a data estimada é o xoves, día 19 de outubro, un referendo vinculante entre todo o persoal. Polo que nos sinalan desde o Comité Inercentros, preténdese que a votación se realice mediante voto electrónico.

No seo do Comité hai diferenzas que seguro levarán a que nas asembleas se produza un debate en profundidade do, até agora, proxecto de funcionarización. O proxecto conta cos apoios de CCOO e UGT, e coa oposición, con máis ou menos matices, do resto dos sindicatos.

As diferenzas van, desde o momento en que se aborda a aprobación, ao non se recibir aínda por parte da Xerencia, o texto consolidado da proposta, até a indefinición, en moitos aspectos, do proxecto que fía a futuras negociacións aspectos que unha boa parte do Comité considera esenciais.

Comunicarémosvos o que vaia acontecendo.