• Número 366
  • 09 de outubro de 2017

Ningún ser humano é ilegal!

O PP propón novamente subir varios metros o valo de Melilla

A altura do valo, sexa a que sexa, non deterá ás persoas que escapan da fame, das guerras das que a sociedade occidental somos culpables ou cómplices

O dirixente do PP e presidente da Cidade Autónoma de Melilla, Imbroda, propón subir a altura do valo se se aplica a sentenza europea que rexeita as devolucións en quente.

A personaxe  dixo que se terá que subir a altura do dobre valo que separa Melilla de Marrocos –hai unha década subiuse de tres a seis metros de altura–, se non se poden realizar rexeitamentos na fronteira despois de que o Tribunal Europeo condenara a España pola devolución sumaria de dous subsaharianos en 2014. A pregunta dos xornalistas, Juan José Imbroda fixo unha defensa da Garda Civil que traballa no aramado

El Insurgente

Estrasburgo condena a España a pagar 10.000 euros por dúas "devolucións en quente" no valo de Melilla

O Alto Tribunal considera que nos feitos denunciados produciuse unha expulsión colectiva e impediuse o acceso a un recurso, algo que viola a Convención Europea dos Dereitos Humanos. 

A sentenza, cuxo fallo é unánime –aínda que recolle un voto particular do xuíz ruso Dmitry Dedov -, refírese ao retorno inmediato en Marrocos de dous cidadáns un procedente de Malí e o outro de Costa do Marfil, que tentaron, o pasado 13 de agosto de 2014, entrar ilegalmente en territorio español ao subir os valos que rodean o enclave español de Melilla, na costa norteafricana.

O Tribunal observa que ámbolos dous inmigrantes foron devoltos a Marrocos contra a súa vontade e que as medidas de expulsión adoptáronse sen que houbese unha decisión administrativa ou xudicial previa e sen que en ningún momento se realizase un proceso de identificación por parte das autoridades españolas. Polo tanto, conclúe o tribunal que as medidas adoptadas corresponden a unha expulsión de natureza colectiva.

Ademais, engade que a versión das demandantes sobre o seu intento de escalar o valo cara a Melilla foi corroborada por numerosas declaracións de testemuñas e xornalistas, recollidas polos comisionados da ONU para Refuxiados e Dereitos Humanos.

Por último, o Tribunal de Estrasburgo detecta un “vínculo claro” entre a expulsión colectiva na fronteira de Melilla e a falta de acceso a un recurso que lles permitiu presentar a súa queixa ante unha autoridade competente e obter un minucioso e rigoroso exame das súas solicitudes antes de ser devoltos.

A sentenza impón finalmente a españa o pago dunha indemnización por danos morais de 5.000 euros a cada un dos demandantes

Noticias Jurídicas