• Número 365
  • 02 de outubro de 2017

Universidade

Execución das ofertas de emprego público

09 de outubro de 2017 | Observamos que, a medida que se aproxima o momento de facer efectivas as ofertas de emprego, medra o desacougo entre @s compañeir@s que na universidade desenvolven as súas labores como persoal interino. Para evitar malos entendidos reflectimos, neste artigo, a posición da Alternativa de PAS Asemblearia (APA) ao respecto. A Xunta de Persoal reunirase o vindeiro día 16 para, entre outras cousas, avaliar a comenencia de facer asembleas con todo o persoal interino para debater e clarificar dúbidas.

Universidade

Concurso de méritos. Recurso

09 de outubtro de 2017 | Como vos informamos en anteriores boletíns, o recurso que interpuxemos CCOO e APA para que o concurso de traslados contemple todas as vacantes está en marcha, corren os prazos. A universidade publicou na súa páxina web o anuncio para que todas as “persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no Xulgado Contencioso-Administrativo Nº 2 da Coruña como demandadas”.

Universidade - EGAP

Curso da EGAP sobre novidades en materia de Administración electrónica

09 de outubro de 2017 | A Escola Galega de Administración Pública ven de convocar o curso monográfico Novidades en materia de Administración electrónica introducidas polas leis 39/2015 e 40/2015 (DOG do Xoves, 5 de outubro de 2017). Entre as persoas destinatarias desta actividade figura o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das universidades do Sistema universitario de Galicia.

Universidade

APA non abrirá o seu local no CUR este luns

09 de outubro de 2017 | Este luns, coincidindo coas horas que habitualmente abrimos o local no CUR, temos asemblea congresual. Por este motivo anunciámosvos que, como raramente ocorre, non abriremos o local. Non obstante estamos ao voso dispor nas extensións telefónicas, correos electrónicos e mesmo nos postos de traballo onde, con moito gusto, vos atenderemos.

Universidade

A Coruña, asemblea congresual

09 de outubtro de 2017 | Ben sabemos pola experiencia, é dicir, pola historia do que somos, que a dialéctica de clase goberna as nosas vidas, e nesa dialéctica sitúase a pirámide que ilustra o lema do noso VI Congreso (Inverter a pirámide).

PAS Universidade Compostela

Asembleas e referendo de funcionarización

09 de outubro de 2017 | O Comité Intercentros da Universidade de Santiago de Compostela ven de convocar asembleas informativas en tódolos campus para debater sobre o acordo de funcionarización alcanzado entre a representación d@s traballador@s e a institución.

Folga xeral en Catalunya

3-Ou: declaración de centrais sindicais de todos os pobos e nacións do estado español

09 de outubro de 2017 | En Barcelona atoparnos de novo centrais sindicais de todos os pobos e nacións do estado español, convocadas para asistir e acompañar o desempeño do reto que o pobo catalán se puxo a si mesmo: defender o dereito para decidir o seu futuro, sen pedir permiso nin perdón, no marco de estratexias propias e exercendo desde agora mesmo como un exemplo internacional de democracia popular.

Opinión. Pere Martí y Olivella

Democracia é cumprir a lei?

09 de outubro de 2017 | Estes días asistimos ao uso do concepto de “democracia” como arma arreboladiza na actual contenda político-xurídica. Sen pretender resolver todos os aspectos colaterais que rodean esta discusión, si que creo que se pode concluír sen dúbida que quen se auto define como “auténtico demócrata” apoiándose na afirmación “democracia é cumprir a lei”, non ten ningún dereito intelectual a facelo (outra cousa é que poida adulterar a verdade porque ten o control dos medios de comunicación e isto permítelle manipular e terxiversar a propósito). E non se trata aquí de se cumprir a lei é xusto ou inxusto, necesario para a convivencia ou non. Esta é toda outra discusión que abordarei máis adiante.

Alternativas na Xustiza - CUT

Unidade de acción na xustiza

09 de outubro de 2017 | O pasado día 3 de outubro, todos os sindicatos en UNIDADE DE ACCIÓN (SPJ-USO, AXG-CUT, UXT, CSIF, STAJ, CIG, CCOO) presentamos o escrito que consta a continuación, esixindo convocatoria de mesa sectorial presidida polo Conselleiro de Xustiza para acabar coa discriminación dos traballadores e traballadoras da Xustiza de Galiza.

Loita obreira

Éxito da folga das auxiliares de Navantia

09 de outubro de 2017 | A división sindical non foi lastre para que @s traballador@s das uxiliares de Navantia conseguiran paralizar a actividade da empresa. Varios centos de operarios concentráronse ás portas de ambos os centros de traballo desde a madrugada e organizáronse en varias quendas para informar aos compañeiros coa finalidade de que secundasen a folga. O resultado, un éxito total.

Sindicato Labrego Galego

O SLG denuncia que Medio Rural prescinde do persoal contra incendios cando Galiza segue en risco pola seca

09 de outubro de 2017 | Hai un par de semanas, un grupo de organizacións que abandonamos o último Consello Forestal polos atrancos da Consellaría de Medio Rural á participación no Plan de Incendios de Galicia 2017 (Pladiga).

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN

Engano, fracaso e fraude

09 de outubro de 2017 | Engano, fracaso e fraude, así calificamos desde a Plataforma na Defensados Servizos Públicos, pola Remunicipalización, o acordo do Alcalde Jorge Suárez e o seu goberno municipal, de propoñer en Comisión e Pleno a recuperación da Taxa de Depuración do Partido Popular - Diante desta situación a Plataforma acordou esixir a dimisión do rexidor municipal, se continua adiante con esa proposta

Desemprego

O paro sobe en 2.932 persoas en setembro en Galiza, un 1,62% máis

09 de outubro de 2017 | Mentres que aos políticos se lles enche a boca lanzando continuas mensaxes gabándose da recuperación económica, a clase obreira sofre na súa pel os efectos dun mercado laboral cada vez máis precarizado e estacional, poñendo de relevo, unha vez máis, a quen benefician as políticas gobernamentais pois si ben é certo que a economía, as empresas e empresarios superan os niveis de beneficios anteriores á crise, toda esta bonanza e a costa do sufrimento, cada vez maior, das traballadoras e traballadores.

Loita social

A supresión das áreas sanitarias provoca unha resposta masiva nas comarcas afectadas

09 de outubro de 2017 | O Goberno de Feijóo lanzou a principios do pasado mes de agosto o proceso para reformar a vixente Lei de Saúde. A publicación do anteproxecto aberto a consultas públicas provocou as alarmas no sector sanitario, xa que prevé a supresión de ata catro áreas nas que se organiza o Servizo Galego de Saúde.

LOITA SOCIAL

O non ao muro do AVE convoca a 50.000 persoas en Murcia

09 de outubro de 2017 | A Plataforma Prol-Soterramento prevé viaxar a Madrid para pedir en Fomento que o AVE chegue a Murcia soterrado e que se utilice a estación de Beniel de forma provisional mentres levan a cabo as obras.

Catalunya. 1 Ou

Un Xuíz atrévese a ir contra o criterio da Fiscalía e investigará a violencia policial do 1-Ou

09 de outubro de 2017 | O Xuíz Francisco Miralles Carrió considera que non é verdade que as medidas adoptadas pola Policía Nacional non afectasen á normal convivencia cidadá.

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

A Mesa exixe a dimisión da Valedora do Pobo

09 de outubro de 2017 | A asociación en defensa e promoción do galego deixará de tramitar cuestións de lingua con esta institución. Marcos Maceira critica que a Valedora “é capaz de retorcer a lexislación para chegar á súa conclusión prefixada a costas á súa función”

Ningún ser humano é ilegal!

O PP propón novamente subir varios metros o valo de Melilla

09 de outubro de 2017 | O dirixente do PP e presidente da Cidade Autónoma de Melilla, Imbroda, propón subir a altura do valo se se aplica a sentenza europea que rexeita as devolucións en quente.

Pensións

Chamamento á mobilización da Coordinadora Estatal en Defensa das Pensións Públicas

09 de outubro de 2017 | A través dun comunicado remitido á redacción de Canarias-semanal, a Coordinadora Estatal en Defensa do Sistema Público de Pensións (CEDSPP) denunciou que o "sistema público de pensións atópase nun canellón sen saída producido polas reformas levadas a cabo no ano 2011 (PSOE e asinada polos sindicatos) e 2013 (PP)".

OPINIÓN - Economistas Sen Fronteiras

As contas entre a banca e o Estado: paga o contribuínte

09 de outubro de 2017 | O rescate foi en realidade un crédito a fondo perdido outorgado a todo o sector bancario, algo que se repetirá no futuro se seguimos obviando a estrutura do sistema

Videos