• Número 366
  • 09 de outubro de 2017

Catalunya. 1 Ou

Un Xuíz atrévese a ir contra o criterio da Fiscalía e investigará a violencia policial do 1-Ou

Á hora de investigar as denuncias contra os policías, o auto inclúe unha relación das denuncias presentadas desagregadas a través de 26 lugares nos que actuaron os axentes.

O Xuíz Francisco Miralles Carrió considera que non é verdade que as medidas adoptadas pola Policía Nacional non afectasen á normal convivencia cidadá.

O auto do titular do xulgado número 7 de Barcelona di con claridade que “Non é ilegal nin ilícito que os cidadáns, convocados pola súa administración autonómica, se dirixisen aos puntos de votación que se lles indicou nun establecemento público aberto para o efecto a reunirse ou a realizar calquera actividade que alí se programou, incluído depositar un papel sen valor legal algún nunha urna”.

Esta é a resposta do Xulgado ao argumento esgrimido pola Fiscalía, segundo a cal, o dereito de reunión o 1-Ou   exerceuse en contra da decisión do TC, que anulara a celebración da consulta. “A discrepancia sobre este punto é total”, replica o maxistrado.

Á hora de investigar as denuncias contra os policías, o auto inclúe unha relación das denuncias presentadas desagregadas a través de 26 lugares nos que actuaron os axentes.

“Aínda que é certo que os axentes se atopaban no desenvolvemento das súas funcións e cumprindo un mandato xudicial, non debe evitarse a análise do ocorrido para comprobar ou descartar a proporcionalidade no uso da forza”

El Insurgente

Máis información. http://www.eldiario.es/catalunya/politica/investiga-Policia-lesionar-personas-Barcelona_0_694330900.html