• Número 366
  • 09 de outubro de 2017

Universidade

As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos

Algo cheira a podre

Levamos case catro meses con todo paralizado. Vacacións, enfermidade do xerente coa conseguinte falta de resposta do reitor fai que cousas como as promocións acordadas para este ano (primeiro trimestre) podrezan nalgún caixón. Hai que aguilloar a quen corresponda porque, de non presionar, o acordado pode non cumprirse nunca.

Valoración dos méritos

Falades de que hai que preparar as convocatorias das ofertas de emprego, pensastes na valoración dos méritos na fase de concurso?. Nunha situación na que o número de prazas é ridículo, esta fase pode ser determinante e merece, cando menos, que o teñades en conta.