• Número 366
  • 09 de outubro de 2017

Loita obreira

Éxito da folga das auxiliares de Navantia

A loita é o único camiño!

A división sindical non foi lastre para que @s traballador@s das uxiliares de Navantia conseguiran paralizar a actividade da empresa. Varios centos de operarios concentráronse ás portas de ambos os centros de traballo desde a madrugada e organizáronse en varias quendas para informar aos compañeiros coa finalidade de que secundasen a folga.  O resultado, un éxito total.

A mobilización acordouse en asembleas abertas de traballadores, e ten como motivo principal o incumprimento por parte da empresa dos acordos de 2001. Preténdese coa mobilización a equiparación de salarios entre as contratas e que “inclúan estas táboas salariais nos pregos de contratación para que calquera empresa saiba  a que prezo ten que facer as ofertas, para evitar a competencia desleal e a discriminación salarial con outros compañeiros”, sinalou a representación d@s traballador@s.

Pola súa parte, director de Navantia en Ferrol e Fene, Rafael Suárez, condenou condenou a convocatoria, sinalando que “é unha irresponsabilidade que pode ter consecuencias negativas sobre a execución dos programas en marcha, algúns para clientes internacionais", criticou. Suárez alertou do futuro de Navantia e, en concreto, o que ten que ver co emprego debido a que en proxectos pendentes da entidade coa Armada española e de Australia "esíxese cumprir os prazos".

Pois xa sabe o sr. Rafael Suárez, se é tan importante cumprir prazos, que solucione canto antes as causas que levan @s traballador@s a ter convocar esta medida de presión, medida que lles gustaría non ter que adoptar.

Da folga que ten carácter indefinido irémosvos informando en sucesivos boletíns.

Desde aquí a nosa solidariedade e apoio.