• Número 366
  • 09 de outubro de 2017

Universidade - EGAP

Curso da EGAP sobre novidades en materia de Administración electrónica

Escola Galega de Administración Pública

A Escola Galega de Administración Pública ven de convocar o curso monográfico Novidades en materia de Administración electrónica introducidas polas leis 39/2015 e 40/2015 (DOG do Xoves, 5 de outubro de 2017). Entre as persoas destinatarias desta actividade figura o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das universidades do Sistema universitario de Galicia.

1. Obxectivos.

O obxectivo principal desta acción formativa é analizar os aspectos máis salientables da lexislación de 2015 en materia de Administración electrónica, con especial atención aos seguintes puntos:

• As notificacións electrónicas nas leis 39/2015 e 40/2015.

• A sede electrónica como instrumento para o exercicio das competencias administrativas e de relación cos cidadáns, así como a regulación dos rexistros electrónicos.

• Sistemas de identificación e de sinatura electrónica.

• Aspectos relacionados coa tramitación do procedemento administrativo, en particular, a regulación do documento electrónico, copias electrónicas, arquivo electrónico de documentos e expediente electrónico.

2. Contidos.

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

– A reforma da Administración electrónica. Unha panorámica xeral, con especial referencia ás notificacións electrónicas.

– A sede e os rexistros electrónicos como ferramentas imprescindibles da Administración electrónica.

– A identificación e a autenticación por medios electrónicos.

– A tramitación do procedemento administrativo por medios electrónicos.

4. Desenvolvemento.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.

Data: xoves, 19 de outubro de 2017.

Horario: mañá e tarde.

Duración: 8 horas lectivas.

5. Número de prazas.

Limitado pola capacidade do local.

6. Inscrición.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP: https://egap.xunta.gal/matricula/

O prazo para inscribirse estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.00 horas do día 10 de outubro de 2017.

Máis información