• Número 365
  • 02 de outubro de 2017

Universidade

Resumo da reunión do Consello de Goberno de 28/09/2017

02 de outubro de 2017 | O pasado xoves, día 28, realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno na que como sabiamos, non ía ser doutro xeito, aprobouse a Oferta de Emprego Público do ano 2017. Como sempre, tamén, as discusións co reitor foron importantes e subidas de ton, demostrándose, unha vez máis, o nulo talante do equipo de goberno, e o pouco importantes que somos para eles, chegando incluso a intentar nomear no nome do colectivo unha persoa para unha das comisións.

Universidade

Asemblea preparatoria do congreso

02 de outubtro de 2017 | O sábado 28 de outubro realizaremos o VI congreso da CUT. Se es afiliad@, nestes días recibirás, se non o recibiches xa, a documentación coas ponencias presentadas. Para realizar un debate que facilite a súa comprensión así como a presentación de emendas convócase unha reunión de toda a afiliación da comarca da Coruña-Ferrol o vindeiro día 9 de outubro ás 19 horas, que terá lugar no Salón de graos da Facultade de Socioloxía, no Campus de Elviña.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

02 de outubro de 2017 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

Universidades de Vigo e Compostela

PAS UVIgo e USC. Información de interese

02 de outubro de 2017 | A Xerencia da Universidade de Vigo reuniuse coa representación do PAS para iniciar as negociacións da Oferta de Emprego Público do ano 2017. O Comité de Empresa ven de emitir un comunicado que vos trasladamos. Por outra parte a Xunta de Persoal da USC ven de publicar as táboas salariais derivadas do acordo de funcionarización.

Estado

Adiada a reunón da Mesa de Negociación das Administracións Públicas

02 de outubro de 2017 | Como sabedes os sindicatos maioritarios están a negociar co goberno as condicións salariais, laborais e sociais d@s empregad@s públic@s. Que saibamos a reunión convocada para o xoves, día 26, adiouse para a semana que comeza.

EMAFESA REMUNICIPALIZACIÓN

Comunicado da Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización

02 de outubro de 2017 | Unha vez realizada a Xunta de Accionistas e o Consello de Administración de Emafesa do 21 de setembro - Agora a parte privada SOCAMEX, solicita a disolución da empresa...

ODS-COIA

"Cando non alcanza nin para leite", Albert Sales

02 de outubro de 2017 | Dámoslle púo a este artigo de Albert Sales a propósito dá campaña "Ningún neno sen bigote" que vén de lanzar Obra Social "a Caixa" e Caixabank.

Comunicación. CUAC FM

Comunicado oficial: CUAC FM apaga o 103.4

02 de outubro de 2017 | Dende Cuac FM temos o enorme pesar de comunicar que o pasado día 21 de setembro, despois de 21 anos de emisión, a Xunta de Galicia, a través da súa Secretaría Xeral de Medios, comunicou a Cuac FM a incoación dun expediente sancionador por emitir “sen dispor da correspondente licenza”. CUAC exponse a unha sanción administrativa que vai dos 100.001 aos 200.000€.

Verdegaia

Contra a Lei de Depredación de Galiza (LFIIE)

02 de outubro de 2017 | Saes do Parlamento coma un bicho, coma unha praga nos montes. Deixarás comestas as raíces do sentido das leis, as palabras. Lexislan para acumular maior desigualdade nos conflitos: menos defensas das máis, máis armas para os menos.

Sindicato Labrego Galego

O Sindicato Labrego ameaza con levar ás industrias lácteas ante Competencia

02 de outubro de 2017 | O prezo do leite en Galiza segue “artificialmente baixo” mentres que, segundo denuncia o Sindicato Labrego Galego (SLG) “non para de subir en todo o Estado e na Unión Europea”, segundo se desprende dos últimos datos publicados polo Ministerio de Agricultura nos que figura como a única comunidade na que se paga aos produtores por baixo de 30 céntimos o litro, mentres que a media sitúase en España en 31 céntimos.

GASTOS MILITARES

O goberno español infla en 1.100 millóns o orzamento para o ministerio da guerra

02 de outubro de 2017 | O BOE recolleu o 15 de setembro a execución orzamentaria ao 31 de xullo, isto é, a diferenza entre o orzado e aprobado nas Cortes co gasto real de cada ministerio. Unha vez máis, as contas de Defensa infláronse ao longo do ano e xa superan en máis de mil cen millóns as previsións. E isto a pesar de que o orzamento asignado crecera nun dous mil millóns con respecto a 2016.

FOLGA XERAL EN CATALUNYA

CNT ante a convocatoria de folga xeral en Catalunya

02 de outubro de 2017 | En CNT compartimos plenamente os motivos que levan a convocar este paro: a continua perda de dereitos para a clase obreira, unida á situación de inquietude que están a vivir as traballadoras e traballadores cataláns no desempeño das súas actividades laborais pola actuación dos diferentes corpos e órganos represivos do Estado.

Solidariedade co pobo saharauí

Perú cede ás presións de Marrocos e expulsa a Jadiyetu O Mohtar

02 de outubro de 2017 | Jadiyetu O Mohtar, diplomática saharauí que levaba 18 días retida no aeroporto de Lima sen poder entrar no país por presion de deputados fujimoristas promarroquíes, foi expulsada do Perú.

Os salarios esborrállanse

Xa son un 12% máis baixos que antes da crise e un 14,4% menos para os mozos

02 de outubro de 2017 | VOs salarios caeron en picado desde o inicio da crise, de maneira que os novos contratos asinados en 2015 levaron unha redución dos ingresos dos traballadores dun 12% en comparación con 2008, segundo un estudo do profesor Daniel Fernández Kranz publicado nos ‘Cadernos de información económica' de Funcas..

LOITA SOCIAL

Violencia policial en Murcia

02 de outubro de 2017 | Na cidade de Murcia, para a chegada do AVE, tanto o goberno central como o goberno municipal, así como o partido que goberna na cidade, o Partido Popular, están a dar as costas ás xustas reivindicacións veciñais, preferindo que a cidade quede dividida en dúas pola construción dun muro de 9 kms. de longo e 5 metros de altura, antes que defender aos seus concidadáns.

Universidades

Bolseiras privilexiadas na universidade?

02 de outubro de 2017 | A Asemblea Dignidade Predoutoral da Universidade Autónoma de Madrid, formada por investigadoras en formación contratadas que se organizan para loitar polos seus dereitos, explícanos cales son as súas condicións laborais e cal é a súa pelexa.

Lingua - Xabier Cordal

Cospecho, ese síntoma

02 de outubro de 2017 | Traballo desde hai vinte anos na comarca natural da que forma parte o concello de Cospeito, entre outros. Na nosa modestia tratamos de contribuír á restauración da toponimia, aínda que boa parte das agresións que o franquismo tentou converter en norma fracasaron, e moito nos temos rido na aula cos Justás, Beján, Puente de Otero, Tierra Llana e outras pailanadas de groso calibre.>

Internacional

A folga de fame de presos políticos mapuches en Chile cumpre 115 días

02 de outubro de 2017 | A folga de fame que realizan catro presos políticos mapuche cumpre 115 días, mentres persiste a postura do réxime chileno de manter a querela criminal por "terrorismo".

CAMPAÑA INTERNACIONAL

Importante columna de opinión de intelectuais sobre Santiago Maldonado no diario francés Libération

02 de outubro de 2017 | Un grupo de intelectuais e políticos entre os cales se atopa Tariq Ali, escritor anglo paquistaní e a deputada de París pola Francia Insumisa, Danièle Obono publican un texto no diario francés esixindo a aparición con vida de Santiago Maldonado.

OPINIÓN - José Luis Gallego

O tubo de escape mata máis que o volante

02 de outubro de 2017 | Somos capaces de envelenar a contorna no que vivimos condenando aos nosos fillos á enfermidade por algo tan solemnemente estúpido como ir en coche. Convertémonos nuns necios con volante.

Videos