• Número 363
  • 18 de setembro de 2017

Universidade

A Xunta de Persoal reúnese co reitor

18 de setembro de 2017 | No PASquín co que principiabamos este novo “curso”, despois das vacacións estivais, enumeramos unha serie de actuacións que é urxente abordar. As distintas accións buscan axilizar a finalización dos procesos abertos, e iniciar o debate e toma de decisións sobre os que hai que poñer enriba da mesa. Neste segundo bloque están os asuntos xa acordados, caso por exemplo das promocións, tamén están os que derivan dunha obriga imposta por normativa, caso das convocatorias de oposición da acumulación de Ofertas de Emprego Público, e os que compre reconsiderar, caso da adxudicación da roupa de traballo.

Universidade

Servizo militar e xubilación

18 de setembro de 2017 | As reiteradas preguntas sobre se o tempo de servizo militar obrigatorio ou prestación social sustitutoria contan como tempo traballado a efectos de xubilación fixo que nos desprazaramos até a Oficina do Instituto Nacional da Seguridade Social para interesarnos por esta cuestión.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

18 de setembro de 2017 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

Administración Pública

“Negociacións” entre sindicatos maioritarios e goberno. Máis do mesmo

18 de setembro de 2017 | Asistimos a unha “negociación” cunha posta en escena idéntica a procesos deste tipo realizados con anterioridade. Os sindicatos maioritarios séntanse na mesa sen contacto previo co colectivo, sen crear as condicións (asembleas, mobilizacións...) que fortalezan as súas posicións. O resultado está cantado.

DOG

Calendario laboral 2018

18 de setembro de 2017 | No DOG do día 14 de setembro de 2017 publícase o DECRETO 86/2017, do 7 de setembro, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2018.

ODS-COIA

Prestacións, subsidios e axudas do SEPE: faragullas para as desempregadas

18 de setembro de 2017 | Dende o 2012 os recortes e o endurecemento están a deixar a moitas persoas sen uns mínimos de protección, así o expresan os últimos datos: “Nos últimos sete anos, os orzamentos estatais destinados a políticas de emprego descenderon un 38%. As prestacións para parados chegaron a pouco máis da metade das persoas nesa situación, mentres que en 2010 superaba os dous terzos”.

Sindicato Labrego Galego

contraMINAcción chama ás organizacións sociais de Galiza para paralizar o proxecto de Lei de Fomento Empresarial

18 de setembro de 2017 | Esta semana, os grupos políticos da oposición no Parlamento de Galicia mantiveron unha xuntanza para analizar o contido do proxecto de Lei de Fomento das Iniciativas Empresariais impulsado polo Partido Popular. A esta xuntanza asistiron representantes de contraMINAcción, plataforma na que está integrado o Sindicato Labrego Galego, e puideron coñecer as graves repercusións que podería ter para Galiza a aprobación deste proxecto.

Verdegaia

Crónica dum desastre anunciado. Ponta Langosteira

18 de setembro de 2017 | Depois de anos negando a eividência por fim, o Tribunas de Contas Europeo e, em Maio deste ano o Tribunal de Contas espanhol reconhecem o esbanjamento, o sobre-custo e a negligência de construir dous portos exteriores a apenas 20 km de distáncia.

ADEGA

ENDESA recoñece a inevitábel contaminación do Eume polas lamas do encoro da Capela

18 de setembro de 2017 | Logo de que ENDESA decidira en 2011, logo da denuncia da Fiscalía Ambiental, que ía cumprir a lei 50 anos despois e liberar o caudal ecolóxico do Eume secuestrado polo encoro da Capela, o proxecto de baleirado das lamas tóxicas situadas no fondo do encoro está a piques de ser autorizado por Augas. Este procedemento demorouse ao longo de 6 anos e sufriu modificacións substanciais, xa que a intención orixinal da empresa era utilizar o Eume como sumidoiro.

Ferrol. Plataforma Pola Remunicipalización

A Plataforma esixe ao goberno municipal que inicie o proceso de rescate da xestión do servizo da auga

18 de setembro de 2017 | A Plataforma esixe ao goberno municipal que inicie o proceso de rescate da xestión do servizo da auga, denuncie o Convenio con Augas de Galicia e entregue a xestión da depuradora á Xunta de Galicia, ata que se cre un sistema supramunicipal de xestión, devolva a taxa indebidamente cobrada e comece cun proceso transparente e participado.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

SERGAS. Ante a proposta patronal privada para reducir listas espera

18 de setembro de 2017 | Ante a información de que a patronal da sanidade privada (IDIS) pretende que o SERGAS destine 88 millóns de euros para eliminar a Listas de Espera Quirúrxica utilizando os centros privados, desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar:

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública

“O conselleiro de Sanidade é moi xeneroso con algúns, coas traballadoras do SERGAS non tanto”

18 de setembro de 2017 | O SERGAS aplica un modelo cada vez máis centralista, no que moitas especialidades só están dispoñibles nuns poucos grandes hospitais. Problema que agrava a reforma da Lei de Saúde ao reducir as áreas sanitarias.

Loita Social

A loita por un centro de día en Rianxo que ispe as carencias da Xunta en política social

18 de setembro de 2017 | Dous meses de feche na casa do concello, mobilizacións, asembleas, reunións.. A loita en Rianxo por un centro de día non decae embora a negativa reiterada de PP e Xunta a dotar a vila desta infraestrutura.

Fondo Mundial para a Natureza

A deterioración dos océanos ameaza a alimentación mundial

18 de setembro de 2017 | A ecuación é simple: o 60% da humanidade come peixe, polo que preservar os océanos é a única forma de asegurar a dieta alimentaria global, advirte a presidenta do Fondo Mundial para a Natureza (WWF), Yolanda Kakabadse, nunha entrevista coa AFP en Chile.

Tribunal Cidadán de Xustiza 15M

Denuncia: “Mente o fiscal Navajas. Segue a impunidade”

18 de setembro de 2017 | Seguimos. Non nos renderán. Recorreremos no caso de que o Tribunal Supremo acceda ao arquivo solicitado pola Fiscalía, que mostra máis interese na protección da corrupción e en fomentar a gangrena dos órganos do estado que en cumprir coas súas responsabilidades.

Aparición con vida de Santiago Maldonado!

Santiago Maldonado: crónica dunha desaparición forzada

18 de setembro de 2017 | Coa súa filosofía libertaria, Santiago cruzou unha vez máis a cordilleira con intención de pasar algúns días na comarca mapuche do Bolsón, a de Benetton.

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

Intensa actividade da Mesa a prol da ILP “Sentido Común”

18 de setembro de 2017 | O presidente da entidade que promove o galego, Marcos Maceira, mantivo xuntanzas con todos os actores implicados para procurar a aprobación da ILP Sentido Común

Solidariedade co pobo Saharauí

Sáhara: Todxs somos Jadiyetu El Mohtar

18 de setembro de 2017 | O día 9 de setembro chegaba ao aeroporto de Lima proveniente de Madrid, a Representante da República Árabe Saharauí Democrática Jadiyetu O Mohtar, para entrevistarse co presidente de Perú Pedro Pablo Kuczynski, por encargo especial do seu Presidente Brahim Gali.

Mobilizacións contra Macron

Francia: “O éxito da xornada de loita podería anunciar un movemento máis grande”

18 de setembro de 2017 | Entrevistamos a Philippe Alcoy, profesor na periferia de París e integrante da redacción de Révolution Permanente sobre o balance da primeira xornada de loita conta Macron.

OPINIÓN - Isaac Rosa

As folgas non serven para nada

18 de setembro de 2017 | As folgas non serven para nada, e non me conten o dos estibadores, que xa sei que conseguiron manter o 100% de postos de traballo fronte á patronal e o Goberno. O seu caso non é nada representativo: un colectivo privilexiado e con capacidade de paralizar un sector tan estratéxico como o transporte marítimo de mercadorías. Así calquera.

Videos