• Número 362
  • 11 de setembro de 2017

Universidade

Contratacións ilegais-DESMENTIDO

11 de setembro de 2017 | Despois de falar coas traballadoras afectadas, temos que desmentir a noticia coa que abriamos o PASQuín número 362. Segundo se nos sinala, despois de que as xestións que realizaron coa institución non deran resultado, as traballadoras que desenvolven tarefas administrativas no título propio Arquitectura de Interiores, denunciaron no xulgado a súa situación, pero sen que, a día de hoxe, se lles sinalara día para a vista. Polo tanto a noticia de referencia non é veraz. Apesares de que sinalabamos que contrastariamos a noticia coa Xerencia, pedímosvos escusas por non verificala antes da súa publicación.

Universidade

Concurso de traslados. Iniciado o recurso

11 de setembro de 2017 | O pasado xoves, día 7, reunímonos na sede de CCOO coa avogada que levará o recurso contencioso-administrativo contra convocatoria do concurso de méritos por non recoller, no Anexo 1, todos os postos vacantes.

Universidade

Incremento económico 2018

11 de setembro de 2017 | Algún medio de comunicación xa avanza as intencións do goberno en materia de incremento salarial do vindeiro ano, para o persoal das administracións públicas. Segundo as noticias de referencia o goberno pensa incrementar no ano 2018 os nosos xa exiguos salarios na mesma porcentaxe que no ano 2017, arredor dun 1%.

Universidade

Feijóo insulta á comunidade universitaria na inauguración oficial do curso académico

11 de setembro de 2017 | Apesares dos recortes que as universidades públicas galegas sofren desde hai anos debido ás nefastas política económicas do goberno da Xunta, hoxe en Vigo, na inauguración oficial do curso académico Feijóo soltou pola súa boca unha restra tal de mentiras e barbaridades só comparables ás manifestadas pola ministra de Emprego Fátima Báñez cando nestes pasados días se refería á cantidade e calidade do emprego creado polo PP.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

11 de setembro de 2017 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

Persoal interino

Os interinos en excedencia teñen os mesmos dereitos que os funcionarios de carreira

11 de setembro de 2017 | A Avogada Xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea emitiu as súas conclusións sobre un caso no que unha funcionaria interina solicitou o recoñecemento da situación de servizos especiais ou, subsidiariamente, de excedencia voluntaria, tras ser elixida Deputada do Parlamento rexional.

ODS-COIA

Con sancións e control social non se poden mellorar as políticas sociais

11 de setembro de 2017 | Achegamos un novo exemplo da noxenta política social da Xunta. Hai unhas semanas unha veciña de Teis, recibía unha carta na que a Consellería de Política Social notificáballe que ficaba sen RISGA, é dicir, sen 399’38 € que supuñan os seus únicos ingresos mensuais.

Precariedade laboral

Galiza situa-se no “podium” das piores condições de trabalho no estado espanhol

11 de setembro de 2017 | O estudo de Adecco, que tem em conta fatores como a remuneração, a segurança trabalhista ou a conciliação, reflete um retrocesso de 1,5% na comunidade galega no último ano.

Coordinadora Antiprivatización da Sanidade de A Coruña

Rexeitamento ao anteproxecto de lei e chamamento á unidade e á mobilización: fora as mans privadas da nosa sanidade

11 de setembro de 2017 | A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade de A Coruña, integrada na Marea Branca estatal, apoia as mobilizacións convocadas nas áreas sanitarias de O Salnés, Valdeorras e A Mariña Lucense, contra o Anteproxeto de Lei de Sanidade presentado pola Xunta do PP, e súmase ás concentracións.

Movemento Galego da Saúde Mental

Valoración do Plan Galego de Prevención do Suicidio

11 de setembro de 2017 | Xa se coñece o Plan Galego de Prevención do Suicidio elaborado pola Consellería de Sanidade. Por fin despois de máis dun ano dáse a luz ó documento. Cómpre recordar que a oficina rexional europea da Organización Mundial da Saúde (OMS) advertiu en 2011 dos riscos que a crise económica en curso creaba para a saúde mental das poboacións e de incremento de suicidios.

CRISE ESTAFA

O estado non recupera practicamente nada do rescate á banca

11 de setembro de 2017 | Lonxe quedan as afirmacións de Rajoy cando aló polo 2012 declaraba que os cidadáns non pagariamos o rescate da banca. Hoxe confírmase a desconfianza d@s galeg@s ao escoitar esas afirmacións. Segundo as noticias máis recentes o Estado só recuperou 3.873 dos 62.295 millóns de euros en axudas á banca, apenas o 6% do diñeiro público investido no rescate.

O negocio da saúde

O prezo da primeira terapia xénica contra a leucemia volve cuestionar a transparencia dos laboratorios

11 de setembro de 2017 | EEUU aproba un tratamento pioneiro baseado na utilización de células dos pacientes xeneticamente modificadas que será comercializado por Novartis. Varias ONG critican o seu alto custo pese a recibir, segundo algúns estudos, 200 millóns de dólares de financiamento público para a investigación. "A terapia non é cara de fabricar e o mercado é o suficientemente grande para xustificar un prezo moito máis baixo", explica o economista James Love.

SANIDADE PÚBLICA

Rexeitan plans do sector privado para sacar proveito das listas de espera sanitarias

11 de setembro de 2017 | A través dun comunicado remitido á redacción de Canarias Semanal, a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública manifestou o seu total rexeitamento á proposta que realizan empresas e aseguradoras privadas para un suposto "plan de choque para as listas de espera".

Plataforma de Afectados pola Hipoteca

Equívocos datos do INE sobre execucións hipotecarias

11 de setembro de 2017 | A PAH considera que os datos sobre execucións hipotecarias feitos públicos o día 6 de setembro polo INE, e que sinalan un descenso do 56.8% destes procedementos, aínda sendo reais son equívocos, dado que poden aparentar un importante cambio de tendencia.

REPRESIÓN

Aisha Hernández: "entrarei no cárcere coa cabeza moi alta, a loita continúa" (VÍDEO)

11 de setembro de 2017 |Un nutrido grupo de militantes de diversas organizacións políticas e sociais da esquerda canaria, así como outros cidadáns sen filiación, participaron este mércores 6 de setembro na concentración convocada nas Palmas G.C. para reclamar liberdade para a moza independentista Aisha Hernández, condenada a catro meses de prisión tras ser detida por realizar unha pintada contra o paro xuvenil.

Capitalismo e violencia contra as mulleres

Silvia Federici: “A violencia é unha constante na vida da muller baixo o capitalismo”

11 de setembro de 2017 | A escritora e activista italiana está de xira en España nun ciclo de conferencias sobre a violencia contra as mulleres, convidando a unha reflexión sobre os diferentes tipos de opresións e as súas orixes: o patriarcado e o capital.

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

A Mesa inicia contactos institucionais para a toma en consideración no Parlamento da ILP a favor do galego no ámbito socioeconómico

11 de setembro de 2017 | Na recta final de recollida de apoios a ILP Sentido común xa supera as 25000 sinaturas Marcos Maceira: “O alto número de apoios é indicativo da demanda social de que finalice a exclusión do galego da maior parte da actividade diaria”

negocio criminal

Matanza en Iemen con armas españolas

11 de setembro de 2017 | Saíron das escasas nubes a plena luz plomiza do día. Dous mísiles. Poboado de Arhab, ao noroeste de Iemen. Deron de cheo nun modesto motel. Ninguén puido escapar; tampouco os que estaban nos arredores. Os mortos unha vez constituídos en tales sempre bailan. Nas estatísticas, nas efémeras noticias que as axencias occidentais emitiron o mércores 23 de agosto de 2017, logo no recordo.

Internacional

104.600 homicidios en México baixo o goberno de Enrique Peña Nieto

11 de setembro de 2017 | Este quinto ano da administración de Enrique Pena Nieto terminará como un dos máis violentos e inseguros da historia contemporánea de México. Desde que o mandatario conservador tomou posesión ao 31 de xullo de 2017 cometéronse 104 mil 602 homicidios dolosos (...).

OPINIÓN - Economistas Sen Fronteiras

O tempo capitalista: a mercantilización de todo

11 de setembro de 2017 | O tempo de traballo subordina ao resto de tempos cualitativos a través do diñeiro como unidade temporal de medida Non é casualidade que a pesar dos inmensos saltos industriais, o tempo verdadeiramente libre sexa tan escaso.

Videos