• Número 362
  • 11 de setembro de 2017

Universidade

Concurso de traslados. Iniciado o recurso

O recurso contencioso-administrativo, unha obriga para restablecer a equidade

O pasado xoves, día 7, reunímonos na sede de CCOO coa avogada que levará o recurso contencioso-administrativo contra convocatoria de concurso de méritos por non recoller, no Anexo 1, todos os postos vacantes.

Como xa comunicamos en boletíns anteriores, a actuación levada adiante pola universidade ao convocar un concurso de traslados no que non se contemplan as prazas do Servizo de Informática e Comunicacións, sen unha argumentación racional salvo a escusa de “acompasar o concurso ao proceso de promocións”, razón que non xustifica a grave discriminación que sofren @s traballador@s de dito servizo que ven como se lles marxina dun dereito do que gozan o resto d@s compañeir@s, obríganos a interpoñer o correspondente recurso xudicial.

Pensamos que a realización desta demanda debería ser unha obriga da Xunta de Persoal, ao non se proceder deste xeito, agradecemos a posibilidade que nos ofrece o sindicato de CCOO de sumarnos á súa demanda. O proceso, que ten un alto custo, resultaríanos inviable economicamente se o tivésemos que abordar como agrupación.

Noutra orde de cousas, este luns, día 11. reúnese a Xunta de persoal para preparar a estratexia a seguir nas vindeiras datas ao respecto dos temas abertos.