• Número 361
  • 04 de setembro de 2017

Universidade

Situación actual

04 de setembro de 2017 | Despois dunha longa ausencia, volvemos co mesmo ímpeto de sempre. Compre nesta reincorporación poñernos ao día sinalando o estado das cousas nas diferentes frontes abertas coa institución.

Universidade

Situación actual. Incremento salarial

04 de setembro de 2017 | Unha vez publicados os Orzamentos Xerais do Estado compre levar a efecto o raquítico incremento salarial (1%) que neles se contempla. Mentres que ás traballadoras e traballadores da Xunta e da Administración Central xa se lles incrementou na nómina de xullo, nesta universidade “pénsase” que o incremento se contemplará na nómina do mes de setembro, a razón sinalada é que a Xunta non remitiu o diñeiro necesario para abordar o pago dese misérrimo incremento salarial cos seus correspondentes atrasos.

Universidade

Situación actual. Oferta de Emprego Público

04 de setembro de 2017 | Despois dun longo proceso de “negociación”, o reitor e xerente, do mesmo xeito que fixeron coa Oferta de Emprego do ano 2016, deron por rematado o paripé, e pese á rotunda oposición da maioría da Xunta de Persoal reservaron, unha vez máis prazas do grupo A1 a quenda libre.

Universidade

Situación actual. Concurso de traslados

04 de setembro de 2017 | Como informamos con anterioridade, APA, presentamos recurso de reposición á convocatoria de concurso de traslados, mediante dito recurso pretendiamos que se reconsiderase o feito de excluír, no Anexo 1, as prazas do Servizo de Informática e Comunicacións. A institución rexeitou as nosas pretensións polo que non nos queda outra opción que o recurso pola vía contencioso administrativa.

Universidade

Situación actual. Promocións

04 de setembro de 2017 | O primeiro proceso posto en marcha, iniciado coa convocatoria do DOG do Venres, 23 de setembro de 2016 está a piques de rematar, de feito, a estas alturas xa se publicaron na páxina web institucional as puntuacións finais de varias categorías.

Universidade

Situación actual. Acción social e conciliación

04 de setembro de 2017 | Hai tempo que a Xunta de Persoal presentou á Xerencia, o 9/2/2017, unha listaxe de medidas que considerabamos, xa daquela, que, en materia de acción social e conciliación da vida laboral e familiar se deberían abordar. Estas medidas revisáronse, de novo, pola Xunta de Persoal en reunión do 7/4/2017, nesta última reunión valoráronse todas as propostas, tanto as da Xunta de Persoal, remitidas xa á Xerencia para o seu estudo, como as remitidas polo persoal: Este compendio de medidas remitiuse, nesa data, novamente á Xerencia.

Universidade

Situación actual. Comisións de servizos

04 de setembro de 2017 | O recurso interposto por APA contra as irregularidades que se cometen neste ámbito e a firme defensa do regulamento que, desde a Xunta de Persoal se faixo e se sigue facendo produciron o efecto de que, pouco a pouco, se fose restituíndo a legalidade, tanto cos nomeamentos irregulares como cas prórrogas que, de xeito ilegal se fixeran. De tódolos xeitos, a restitución da legalidade que reclamamos non é completa.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

04 de setembro de 2017 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

UNIVERSIDADE DE VIGO

Comité e Xunta de Persoal denuncian a execución da RPT

04 de setembro de 2017 | Como xa vos informamos a nova RPT da UVigo aprobouse en Consello de Goberno, sen o acordo cos órganos de representación do PAS. Esta circunstancia levou a que tanto Comité como Xunta de Persoal presentasen cadanseu recursos pola vía contenciosa-administrativa.

UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA

A Mesa Xeral aproba a proposta de funcionarización

04 de setembro de 2017 | O pasado venres 21 de xulllo realizouse a última reunión da Mesa Xeral do PAS convocada cun punto único “Pronunciamento sobre o acordo de funcionarización do PAS laboral”. Na reunión na que se evidenciaron importantes deficiencias no proxecto concluíu co pronunciamento explícito de cada un dos sindicatos, O xerente considerou referendado o acordo, con sete votos a favor (CCOO e TGU), tres abstencións (UGT e CSI-F), e cinco votos en contra CIG.

CONSELLERÍA DE CULTURA

Cursos presenciais e en liña

04 de setembro de 2017 | O DOG do Xoves, 17 de agosto de 2017 publica a RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

ODS-COIA

A Xunta quita RISGAs para impoñer precariedade

04 de setembro de 2017 | Seguimos a recibir peticións de información e consultas, de diferentes persoas de Galiza, sobre a RISGA. Peticións que amosan que esta faragulla, lonxe de garantir unha vida digna, o único que ofrece a aquelas que a solicitan/perciben é incerteza, control, demoras, miseria...

SANIDADE PÚBLICA

O Estado Español inviste en saúde un 14% menos que o resto da Unión Europea

04 de setembro de 2017 | A oficina europea de estatística Eurostat ven de sacar á luz a realidade da sanidade pública do estado español que pasou de ser unha referencia na Unión Europea a situarse no furgón de cola en canto a investimento se refire.

CRISE ESTAFA

[¿Fin da crise?] 30.000 millóns menos en salarios e 14.000 máis en beneficios empresariais desde 2008

04 de setembro de 2017 | O PIB creceu un 4,1% interanual no primeiro trimestre, pero desta ‘recuperación’ non todos os cidadáns se benefícian por igual. É dicir, en termos de PIB a crise acabouse pero que llo digan aos 4,2 millóns de parados… ou á maioría de asalariados.

REPRESIÓN

Solidariedade con Aisha Rodríguez

04 de setembro de 2017 |Desde aquí queremos amosar a nosa solidariedade co Aisha Rodríguez, compañeira da Intersindical Canaria que ingresará en prisión o día 11 de setembro, durante catro meses, por facer unha pintada en contra do paro xuvenil

REFUXIAD@S

A falta dun mes, o Estado Español só acolleu a 1.888 persoas das 17.337 a que se comprometeu

04 de setembro de 2017 | O Goberno de España non cumpre o que promete en materia de acollida de refuxiados. A falta dun mes para que finalice o segundo prazo outorgado pola Unión Europea aínda faltan por chegar 15.449 persoas das 17.337 ás que se comprometeu o Estado español a acoller. Segundo estas cifras a territorio español soamente chegaron 1.888 refuxiados.

Lingua - ProLíngua - Valentina Formoso

Plurilingüísmo de silveira

04 de setembro de 2017 | Irene ten cinco anos, naceu e vive en Barcelona. A nai fálalle catalán e o pai galego. Está escolarizada en Barcelona en catalán, tamén ten aulas de castelán e de inglés. Nai e pai coñecéronse en Inglaterra onde viviron e traballaron máis de dez anos. Dominan o inglés perfectamente pero nin se lles pasou pola cabeza falarlle nesa lingua tan internacional (pero que non é materna, nin paterna) á rapaza na casa, nin sequera castelán. .

Inxustiza de clase

Aos 90 anos do asasinato legal de Sacco e Vanzetti (VÍDEO)

04 de setembro de 2017 | Cincuenta anos despois da execución dos inmigrantes italianos Sacco e Vanzetti, o gobernador Dukakis de Massachusetts instaurou un panel para xulgar a xustiza do devandito proceso, e a conclusión foi que a ningún destes dous homes se lles seguiu un proceso xusto.

Sáhara libre

Xuízo farsa. Pronunciamento Internacional

04 de setembro de 2017 | As sentenzas a activistas saharauís do grupo de Gdeim Izik son ilegais e inxustas e evidencian o réxime de terror da monarquía marroquí

OPINIÓN - Isaac Rosa

Os verdadeiros responsables do dato "histórico" do paro

04 de setembro de 2017 | Para celebrar o Acontecemento Histórico que supón baixar de catro millóns de parados, o 26 de xullo Rajoy entregou medallas ao Mérito no Traballo aos responsables deste éxito nacional. E non, non son a ministra Báñez nin a Virxe do Rocío.

Videos