• Número 361
  • 04 de setembro de 2017

Universidade

Situación Actual. Concurso de traslados

Non podemos permitir que o concurso de traslados discrimine a dompañeir@s

Como informamos con anterioridade, APA, presentamos recurso de reposición á convocatoria de concurso de traslados, mediante dito recurso pretendiamos que se reconsiderase o feito de excluír, no Anexo 1,  as prazas do Servizo de Informática e Comunicacións. A institución rexeitou as nosas pretensións polo que non nos queda outra opción que o recurso pola vía contencioso administrativa.

Como tamén vos informamos, unirémonos ao recurso que presentará CCOO mediante o que intentaremos resolver favorablemente para as compañeiras e compañeiros deste servizo, esta situación de grave discriminación.

Pola nosa parte non pretendemos botar abaixo a convocatoria, co recurso intentaremos que, desde o xulgado, se obrigue á universidade a ampliar as prazas que se recollen no Anexo 1  da convocatoria contemplando as que corresponden ao Servizo de Informática e Comunicacións .

Por outra parte, reclamamos que, unha vez iniciado o procedemento, coa constitución do tribunal, se axilice ao máximo o procedemento para concluílo o máis rápido posible.