• Número 361
  • 04 de setembro de 2017

Universidade

Situación Actual. Oferta de Emprego Público

O reitor e xerente insisten, pese á oposición da Xunta de Persoal, en convocar prazas do grupo A1 a quenda libre

O longo proceso de falsa negociación rematou. No que á Oferta de Emprego Público se refire, as intencións do reitor e do xerente foron sempre as de que a oferta fose o menos ampla posible intentando, por unha parte reducir as prazas da taxa de reposición e por outra computar o custo das promocións para restar prazas á convocatoria libre. Na APA tivemos que levar adiante un profundo traballo, á marxe da institución, primeiro para establecer as prazas correspondentes á taxa de reposición, e posteriormente revisando a legalidade da intención institucional de condicionar as ditas prazas ao diñeiro que "sobrase" despois de establecer o custo da promoción interna.

Unha vez concluído o debate sobre os termos da legalidade das sucesivas propostas presentadas pola Xerencia, no que se demostrou que tiñamos razón en todas as argumentación que presentamos, reitor e xerente, do mesmo xeito que fixeron coa Oferta de Emprego do ano 2016, deron por rematado o paripé de negociación, e pese á rotunda oposición da maioría da Xunta de Persoal reservaron, unha vez máis prazas do grupo A1 a quenda libre. De procederse segundo o establecido nos Estatutos da Universidade, procedemento seguido até a toma de posesión do actual reitor, correspondería realizarse a súa ocupación mediante concurso. En anteriores boletíns xa sinalamos o noso parecer ao respecto.

Así as cousas no Consello de Goberno realizado o 29 de xuño o xerente presentou, no seu informe o que, definitivamente será a Oferta de Emprego Público no que respecta ás promocións do ano 2017 e o cómputo de prazas que se convocarán por quenda libre que abarca os anos 2017, 2016 e 2015.

Cando o xerente presentou este informe, no mes de xuño, aínda non había resposta da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda, encargada de verificar e autorizar a proposta de OEP realizada desde a institución.

PROMOCIÓN INTERNA

ESCALA

SUBESCALAS

Nº prazas

Nº total prazas

Grupo prom

Sistema

Xeral

Persoas con discapacidade xeral

Persoas con discapacidade intelectual

Escala técnica superior (subgrupo A1)

Arquitecto técnico

2

17

A1

16

1

0

Informática

11

Documentalista

1

Superior (Prevención Riscos)

2

Secretario técnico SIC

1

Escala técnica de grao medio (subgrupo A2)

Informática

26

31

A2

28

2

1

Medios audiovisuais

2

Secretario técnico (OTRI)

1

Deseño gráfico SIC

1

Grao medio (Xefe taller)

1

Escala técnica de especialistas (subgrupo C1)

Conserxe

1

2

C1

2

0

0

Mantementos

1

TOTAL PRAZAS

50

46

3

1

 

ACCESO LIBRE

ESCALA

Subescala

Nº de prazas

Sistema xeral

Persoas con discapacidade xeral

Persoas con discapacidade intelectual

Escala técnica superior informática (A1)

1

1

0

0

Escala técnica superior (A1)-procedente da OEP, acceso libre, do ano 2015

Relacións internacionais

1

1

0

0

Escala técnica superior de calidade (A1)

1

1

0

0

Escala técnica de grao medio (A2)- procedente da OEP, acceso libre, do ano 2015

Relacións internacionais

1

1

0

0

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña (A2)- procedente da OEP, acceso libre, do ano 2016

1

1

0

0

Escala administrativa (C1)

9

9

0

0

Escala administrativa da Universidade da Coruña (C1)- procedente da OEP, acceso libre, do ano 2016

3

2

1

0

Escala técnica de servizos (C2)

10

9

1

0

Escala técnica de servizos (E-AP)- procedente da OEP, acceso libre, do ano 2015

Auxiliar de servizos

2

1

0

1

TOTAL

29

26

2

1


No Consello de Goberno realizado o día 20 de xullo, o xerente sinalou que a Xunta xa informara favorablemente.

Aínda sen se realizar o acto formal da súa aprobación no Consello de Goberno e posterior publicación no DOG a OEP xa está en marcha.

Como legalmente só se poden acumular as ofertas de emprego de tres anos, corresponde, indefectiblemente, proceder ás correspondentes convocatorias.