Xuño de 2017
 
 

NÚMERO 360 - 05/06/2017

   CUTUDC / Novidades

  LOIA SOCIAL
 

"É a solidariedade e o apoio nas rúas, a que consegue as absolucións"

Falamos con Nerea, que forma parte da Plataforma pola absolución de Oliver, Nerea e Sine , e que está acusada, xunto cos seus compañeiros de "atentado, lesións e desordes públicos" por participar nunha manifestación estudantil o 20 de febreiro de 2014 en Vigo.

 

  • Noticias relacionadas

Nerea, Que ocorreu aquel día?
Nosoutr@s acudimos o 20 de febreiro de 2014 a unha mobilización estudantil, ese día houbera folga e terminaba coa manifestación . Consignas básicas principais da marcha eran por unha educación pública gratuíta, de calidade e en galego.
 
Como xeralmente pasa coas folgas de estudantes, a marcha transcorreu tranquilamente e de maneira pacífica, gritáronse consignas, fíxose ruído, pero a marcha transcorreu normalmente e sen ningún problema.
 
Ao final da manifestación, houbo un pequeno desvío e terminouse na sede oficial da Xunta de Galiza en Vigo. Estaba a lerse un comunicado, e nese momento saíron de dentro do edificio da Xunta un grupo bastante grande de antidisturbios, totalmente equipados. Foi todo moi rápido, empezaron a cargar contra os estudantes. Os disturbios duraron un intre longo e as cargas foron brutais, utilizouse todo o material antidisturbios, disparábase directamente coas escopetas de bolas de goma aos rapaces. Houbo varios detidos e houbo máis de 75 identificados que un tempo despois recibiron sancións económicas.
 



Vídeo:Galiza Contrainfo
 
Somos 11 procesados en total, hai menores de idade, que xa tiveron o seu xuízo e foron condenados a multas e traballos comunitarios. Agora mesmo somos os detidos maiores de idade os que estamos á espera do xuízo, que será o día 17 de xullo. A nolos tres pídennos en concreto: 6 anos de prisión a cada un (2 anos por atentado, 2 anos por supostas lesións e 2 anos por desordes públicas) ademais dunha multa de 11.500 euros polas supostas lesións aos axentes antidisturbios.
 
Ademais, dáse a circunstancia de que un dos vosos compañeiros non foi detido e nin sequera identificado durante os feitos...
Se, efectivamente, o compañeiro Oliver non foi nin detido nin identificado aquel día, e está metido en todo este asunto por que de súpeto lle chegou a notificación de que estaba dentro do procedemento.
 
Ademais Oliver e Sine tamén están procesados no procedemento aberto contra o colectivo musical A Insurxencia polo que tamén hai outros tantos compañeiros represaliados.
 
Nos últimos anos parece que a represión volveuse algo moi cotián, con chea de xuízos, condenas, multas, operacións policiais, lei mordaza... Como analizades esta escalada represiva ?
A represión sempre estivo aí, nunca deixou de haber represión, nunca deixou de haber presxs políticxs, o que pasa é que ultimamente están a expandir isto, xa non lles serve centrar a represión en certos colectivos e organizacións. A táctica agora mesmo é estender o terror e o pánico por medio de detencións, persecucións, sancións económicas esaxeradas.
 
Se eles conseguen que penses que por ir a unha manifestación vas ter que soportar as cargas, a violencia extrema, ou que logo chegues a casa e que un día che chegue unha sanción económica de 11.500 euros, que che fode a vida, porque estamos a falar de estudantes, de xente que está en paro ou que ten traballos en situacións económicas moi precarias... iso infunde terror. A táctica principal é facer que o penses antes de saír a protestar.
 
Que accións e mobilizacións estades a levar a cabo para denunciar o voso xuízo?
Ao longo destes tres anos que levamos esperando o xuízo, fixemos de todo, fixemos charlas, participamos en campañas doutros represaliados, porque entendemos que é a forma de afrontar a represión, crear lazos e vínculos entre os represaliados., apoiarnos entre todas porque a raíz do problema é a mesma para todos: hai compañeiros que están procesados por facer unha canción, por ir a unha manifestación ou por expresar unha opinión na internet (como o compañeiro Rubén González, que foi procesado na IV fase da Operación Araña).
 
Tamén se fixo un recompilatorio que se chama "Rap contra a represión", que é un proxecto que se iniciou pensando en facer unha pequena denuncia sobre o noso caso, pero que ao final terminou sendo unha gran denuncia contra a represión na que participaron unha chea de artistas.
 
Agora, a unha semana do xuízo, este domingo día 4 imos facer unha charla-debate, na que participaremos nosoutr@s estarán compañeir@s encausad@s da Insurxencia... Ademais imos facer unha concentración na porta do xulgado o dia do xuízo, porque pensamos que é esa presión nas rúas, ese apoio de todo o mundo e esa solidariedade, a que consegue as absolucións.
 
Como creedes que será o xuízo Que perspectivas tedes? Nestes días estamos a preparar a nosa defensa c@s avogad@s. No noso caso, a acusación particular, que é principalmente a policía, polas acusacións de "atentado" e "lesións" é o máis forte do que se nos acusa. De feito, a sanción económica que nos piden, a maior parte é a indemnización que nos piden os policías.
 
Como pode a xente solidarizarse e axudar co voso caso?
Gustaríame animar a todo o mundo, non só co noso caso, senón con todos e cada un dos casos de represión que se dan ao longo do estado: é moi importante o apoio, a difusión, a solidariedade.
 
Todos podemos achegar, na medida das nosas posibilidades, xa sexa na caixa de resistencia, xa sexa imprimindo e pegando uns carteis no teu barrio, nos institutos, nos centros de traballo, facendo unha pancarta... Esas cousas son as que fan poñer ao estado na balanza cada caso represivo e ver cal vai ser o custo político de condenar a estas persoas e mandalas a prisión. Aínda que as redes sociais estean ben para difundir os casos, ao final é ese apoio que se dá nas rúas , concentracións, asistir ás charlas, dar a túa opinión, difundir nas rúas... é o que máis nos axuda @s represaliad@s.
 
E sobre todo que ninguén se senta só, que ninguén se atope na situación de non saber que facer ou sentir que non se ten a ninguén. Isto non pode pasar, temos que apoiarnos entre todas e sobre todo traballar moitísimo en crear lazos entre todos os represaliados e crear pontes, independentemente de cal fose o método de loita, ou das ideas políticas de cada un, porque centrarnos no que nos une é o que nos fai máis fortes.
 
Moitas grazas Nerea, e moito ánimo e moita forza no xuízo.
 
Grazas!
 
@Boro_LH
 
La Haine
Texto completo en: http://www.lahaine.org/quot-es-la-solidaridad-y

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript