Xuño de 2017
 
 

NÚMERO 360 - 05/06/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Resumo do Consello de Goberno do día 31/05/2017

O pasado día 31 de maio realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno. Ademais de participar, como membros da comunidade universitaria, na toma de decisións que se realizan neste órgano de goberno da Universidade, sérvenos de altofalante para que os demais representantes e o equipo de goberno da universidade coñezan de xeito directo as reivindicacións, preocupacións etc. que o noso colectivo quere facerlles chegar.

 

  • Noticias relacionadas

Ao comezo da sesión, o reitor deu a benvida @s representantes elect@s nas últimas eleccións. Sinalou que se tiña que ausentar para asistir, xunto cos seus homólogos de Santiago e Vigo, ás 11:30 horas no Pazo de Raxoi en Santiago, ao acto de sinatura do Memorando de entendemento para a adhesión á alianza para a mobilidade académica que preside Alberto Núñez Feijóo e ao que asiste a secretaria Xeral Iberoamericana, Rebeca Grynspan Mayfis.
 
Presidiu a sesión o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia
 
Intervención do xerente:

 
  • Desde o día 24 figura na web a Instrución da Xerencia para cubrir o formulario de cursos, conferencias, relatorios, seminarios etc. e tramitar os gastos derivados destas actividades

  • Continúan as negociacións coa Xunta de Persoal para chegar a un acordo sobre a Oferta de Emprego Público deste ano. O vindeiro martes, día 6 de xuño, realizarase unha nova xuntanza da que debería ser a última fase para acercar posturas entre ámbalas partes. A proposta vai presentada vai na liña da xa exposta neste Consello de Goberno.

  • Aliás comezouse a negociar a confección dun grupo de traballo para abordar os temas da acción social

  • Tamén, por último, abriuse a negociación sobre unha posible modificación da resolución que regula as comisións de servizo.

 
Punto 19 .- Quenda aberta de intervencións
 
Xosé Portela
No punto 14 da sesión anterior do Consello de Goberno.- Proposta da Oferta de Emprego Público 2017 de PDI intervín indicando que dado que a proposta será aprobada sen a autorización da Xunta de Galicia, esta sexa transmitida ao Consello de Goberno cando se reciba.
 
Recibiuse esta certificación da Consellería de Facenda?
 
Diríxome ao Consello de Goberno para comunicar que, tal e como se anunciara no Consello de Goberno anterior, tres seccións sindicais presentamos Recurso de reposición á convocatoria de concurso de méritos publicado no DOG o 17 de abril. Nos recursos presentados sinálase que a convocatoria incumpre a normativa xeral, Estatuto Básico do Empregado Público, e incluso a Constitución, ao non contemplar no concurso de méritos, sen ningunha explicación, as vacantes do Servizo de Informática e Comunicacións, tamén, e isto é algo que incumbe ao Consello de Goberno directamente, o establecido nos Estatutos da Universidade que votamos e aprobamos entre toda a comunidade universitaria:
Concurso de méritos
“Artigo 94.
As prazas vacantes adscritas a funcionarios proveranse de acordo coa lexislación vixente, convocándose anualmente a concurso as vacantes da relación de postos de traballo. A Universidade facilitará, en todo caso, a promoción interna dos funcionarios.”
 
Ao respecto da Oferta de Emprego Público na que a Xerencia e equipo de goberno reservan varias prazas de escalas superiores directamente a quenda libre, os Estatutos establecen:
 
Artigo 93.
 
“3. A provisión de postos de xefatura ou nivel superior ao básico do corpo ou escala realizarase mediante un concurso de méritos entre o persoal funcionario da Universidade”
 
O Xerente na resposta sinala que:
 
Á convocatoria de concurso de méritos presentáronse 4 recursos, tres moi semellantes presentados por seccións sindicais con presenza na Xunta de Persoal e un recurso presentado por un traballador. Os recursos están en fase de análise na Asesoría Xurídica da Universidade. Responderanse segundo o ditame do servizo.
Hai que sinalar a diferenza entre selección e provisión de postos. Na Oferta de Emprego non se altera a provisión.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript