Xuño de 2017
 
 

NÚMERO 360 - 05/06/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

O concurso de méritos e as propostas de Oferta de Emprego incumpren os Estatutos

Esta pasada semana tivemos a constatación de que o equipo de goberno, ou ben descoñece os Estatutos da Universidade ou ben decide directamente incumprilos. O xerente, despois de que na última reunión “negociadora” reclamaramos, con argumentos, que o número de prazas da taxa de reposición tiña que se contemplar na Oferta de Emprego Público, presentou unha nova proposta para se discutir nunha reunión que convocou para o vindeiro martes día 6 de xuño. O incumprimento do establecido nos Estatutos apóiao, tamén, un dos sindicatos con presenza na Xunta de Persoal que, segundo o comunicado emitido, pretende que o 25% das prazas de acceso libre se reserve para o grupo A.

 

  • Noticias relacionadas

O equipo de goberno incumpre os Estatutos da Universidade, ao non contemplar todas as vacantes, na convocatoria de concurso de méritos e incúmpreos novamente nas sucesivas propostas de Ofertas de Emprego que presenta.
 
Imos por partes:
 
Oferta Pública de Emprego.
 
Nesta nova proposta, que si cumpre o requirimento de que sendo 21 os postos que establece a taxa de reposición, teñen que ser 21 os postos que se reflicten na Oferta de Emprego Público, a Xerencia insiste en reservar dúas prazas do grupo A1 para a quenda libre, feito que, á súa vez, contravén os Estatutos da Universidade.
 
No artigo 93, punto 3 sinálase:
 
“3. A provisión de postos de xefatura ou nivel superior ao básico do corpo ou escala realizarase mediante un concurso de méritos entre o persoal funcionario da Universidade...”
 
De respectarse estritamente o que sinalan os Estatutos as prazas de nivel superior ao básico deberían cubrise mediante o respectivo concurso de méritos, polo tanto, como as prazas están barradas a dous grupos e hai un importante número de traballador@s agardando a que os postos se ocupen segundo o sinalado nos Estatutos, no ámbito xeral, a Oferta contemplará unicamente prazas de postos base. O esquecemento desta circunstancia por parte da Xerencia e equipo de goberno, na súa batalla por “reservar” parte das prazas de nivel superior, non é de estrañar, xa o impuxo na Oferta Pública de Emprego do ano 2016.
 
Indo ao concreto:
 
A praza da Escala técnica superior informática (A1) seguindo o criterio establecido nos Estatutos acabará indefectiblemente, saíndo do Grupo A2, e iso porque aínda non se levaron a efecto as promocións. De terse realizado a promoción probablemente a praza que quedase libre despois do concurso de méritos sería do grupo C1.
 
A praza da Escala técnica superior de calidade (A1) que propón a Xerencia está vacante desde mediados do ano 2011, nunca se ocupou mediante lista de agarda. Parécenos incomprensible que, de súpeto, sexa tan importante que non poida agardar, máxime cando, de realizarse a promoción, sería susceptible de se ocupar, tamén, mediante concurso de méritos.
 
Concurso de traslados.:
 
Se o artigo 93, punto 3, sinala que todas as prazas con nivel superior ao base deben proveerse mediante concurso de méritos, no Artigo 94 establécese
 
“Artigo 94.
As prazas vacantes adscritas a funcionarios proveranse de acordo coa lexislación vixente, convocándose anualmente a concurso as vacantes da relación de postos de traballo. A Universidade facilitará, en todo caso, a promoción interna dos funcionarios.”
 
O último concurso de méritos realizouse no ano 2014, non se entende que tendo tan importante retraso a convocatoria realizada no ano 2017 non contemple todas as vacantes, tendo que agardar indefinidamente @s compañeir@s do Servizo de Informática e Comunicacións.
 
@s traballador@s que participamos na elaboración destes estatutos sabemos ben o que custou que neles se contemplasen estes puntos, non podemos permitir, polo tanto, que o conseguido no seu momento sexa esquecido e no se cumpra.

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript