Xuño de 2017
 
 

NÚMERO 360 - 05/06/2017

   CUTUDC / Novidades

  PENSIÓNS
 

Os pensionistas españois perderán unha media de 235 euros en 2017

No 2017 calcúlase que volverán reducirse en 235 euros de media e, polo que se refire á previsible evolución futura se nada o remedia, pasarán a ser do actual 80% do último salario a tan só o 50% do mesmo (...).

 

  • Noticias relacionadas

Os resultados das sucesivas contrarreformas avaladas polo marco de Toledo, co PP e o PSOE como impulsores e CCOO e UXT asinando algunhas delas, están a levar a un panorama actual e futuro das pensións desolador: ademais do poder adquisitivo perdido este ano, no 2017 calcúlase que volverán reducirse en 235 euros de media e, polo que se refire á previsible evolución futura se nada o remedia,  pasarán a ser do actual 80% do último salario a tan só o 50% do mesmo nas próximas décadas.
 
O remedio parece claro, con todo: pensións a cargo dos orzamentos xerais do Estado, crecemento dos ingresos mediante imposición directa e progresiva e eliminación das bonificacións ás patronais, aumento da contía para garantir unha pensión digna e suficiente (dio ata a ultimamente tan traída constitución monárquica!), xubilación ao 100% aos 60 para facilitar a creación de postos de traballo
 
Unhas esixencias, expostas por Marea Pensionista, que chocan cos poderes reais: os da banca e as aseguradoras interesadas en facer negocio coa privatización das pensións, os das grandes corporacións a quen interesa tamén arruinar as pensións públicas e deixar de pagar a parte do salario diferido (cotizacións sociais) dos traballadores, e os gobernos e partidos do capital de quenda, instrumentos deses intereses que, co argumento de que son insustentables,  pretenden seguir profundando no recorte con novas contrarreformas.
 
Sen esquecer tampouco ás burocracias dirixentes de CCOO e UXT, cómplices directos coa súa firma nalgunhas das contrarreformas, ou  cómplices pasivos coa súa inactividade, e que atoparon na xestión dos fondos de pensións unha das súas fontes de financiamento.
 
De Kaosenlared

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript