Xuño de 2017
 
 

NÚMERO 360 - 05/06/2017

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN - Isaac Rosa
 

Ao tolo e sen freos

Todo no caso Moix é tan descarado que ata costa crelo. Salvo que esteamos ante un partido desesperado, que só pensa en salvarse como sexa.

 

  • Noticias relacionadas

 Se eu fose o acurralado ministro de Xustiza, defenderíame do escándalo Moix usando o único argumento que queda: o recurso á inverosimilitude do demasiado obvio. Sairía en rolda de prensa e diría, riseira: "Oian, se quixésemos controlar a Xustiza fariámolo cun pouco máis de disimulo, non cren? Buscariamos un fiscal que non dese tanto o cante, e que actuase con discreción, non como un elefante na cacharreiría xudicial. De verdade pensan que o iamos a facer con tanto descaro?".
 
E moitos darían a razón ao ministro, porque é verdade que tanto descaro resulta ata inverosímil. Todo en Moix, o seu currículo e o seu breve paso pola fiscalía, dá o cante a quilómetros. Tanto, que custa crer que de verdade pretendesen controlar procesos xudiciais cun tipo que levaba no peito un cartel de "ola, son Manuel Moix, traballo para o PP e estou moi tolo, coidado comigo". E ademais pretender que non nos désemos conta.
 
O seu currículo xa era unha declaración de intencións nada máis chegar: o único candidato que non tiña experiencia en anticorrupción; moi próximo ao PP e especialmente a Ignacio González; cunha traxectoria chea de actuacións dubidosas sempre en beneficio do PP madrileño; mencionado nunha gravación policial como favorito dos corruptos, e ata cunha empresa familiar en Panamá! Tíñao todo, non creo que puidesen atopar outro fiscal en toda a carreira que acumulase tantos méritos.
 
Á súa traxectoria súmase o seu breve pero meteórico paso por Anticorrupción: en só tres meses deulle tempo a frear actuacións policiais, apartar  a fiscais en metade de procesos cruciais, tentar librar de cárcere a González, filtrar información, atacar á prensa, poñer en sucesivos apertos ao ministro, cuestionar á Garda Civil e ata defender que Rajoy declare por videoconferencia. Para tres meses, non está mal.
 
Por se necesitásemos máis probas, foi apoiado ata o último minuto por todos os que teñen as mans encallecidas de tanto poñelas no lume: o PP ao completo, Rajoy, a prensa conservadora, a tertulianada de dereita, e ata  Celia Villalobos coa súa faísca habitual!
 
É todo tan obsceno, que custa crer que, se o Goberno quería controlar os procesos xudiciais elixise a un fiscal tan descaradamente afín, tan cheo de sombras e tan torpe nos seus manexos. É todo tan obvio que ata che fai dubidar se non será todo un gran malentendido. Porque das mentes criminais sempre se espera unha intelixencia á altura da súa maldade, non tanta torpeza.
 
Salvo que pensemos que no PP andan tan desesperados e están tan afeitos á impunidade que xa todo lles dá igual e só pensan en salvar o cu como sexa. Ao tolo e sen freos.
 
Zona Crítica

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript